Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Collendo posicións

Xuvenís: Collendo posicións
Ambientazo no Carral para o choque xuvenil entre Sofan e Coristanco-Foto-SD Coristanco Ambientazo no Carral para o choque xuvenil entre Sofan e Coristanco-Foto-SD Coristanco A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

4ª xornada xa das Ligas Xuvenís e cada un vai collendo posicións, como se da “pole position” se tratase.

Polo Sur, e ollando os números e as sensacións, xa temos triplete de aspirantes. Aos Xallas e Cee, cos que xa se contaban, hai que engadirlle o Outes, aínda que tocáballe descanso e aínda só leva 2 partidos.

Polo Norte, o Baio conseguía empatar en Corme, deixando un cuarteto de cabeza (con 10 puntos) formado polo propio Corme, ademais do Coristanco, que deu un recital no Carral; o Ponteceso, que venceu nas Redondas ante un Cabana que non acaba de arrincar; e As Pedreiras, o equipo de Verdillo que segue sorprendendo nesta a súa estrea na categoría.

 

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 4

 

Fisterra - Xallas (1-3)

  • Campo: Ara Solis.
  • Fisterra: Aarón, Andrés, JF, César, Sergio (Papin), Manu, Dani (Alex), Pichino, Gabi, Asier (Cristopher) e Aarón.
  • Xallas: Coke, Heitor (Fran), Pablo, Raúl, Peke (Mosti), Alberto, Juanjo, Martín (Manu), Carlos, Rachón e Guillín.
  • Goles: 0-1, m.30: Rachón de penalti; 0-2, m.46: Carlos; 1-2, m.70: Alex; 1-3, m.72: Carlos.

O verde cotízase á alta nesta liga

Gran partido o vivido en Ara Solis que demostra o potencial deste Xallas de Dani Calvete, aspirante a todo, e que asegura que o Fisterra de Eskío vai loitar por estar na zona noble. Dous equipos con ideas moi parella, intentando iniciar dende atrás e coa presión sempre alta.

Foi unh a primeira parte moi intensa por parte do Fisterra, que apretaba moi arriba o Xallas e dificultaba e saída de balón. Así e todo estaba igualada, con ocasións para os dous equipos, cando os ataques collían as costas ás defensas. Rachón por dúas veces e Carlos inquedaron á meta local ata que á media hora un discutido penalti do porteiro fisterrán serve para romper a igualada. Non se descompuxo o Fisterra e antes do descanso puido empatar pero Coke salvou o man a man. .

Á volta dos vestiarios chegaría, sen tempo a asentarse, o segundo dos xalleiros na primeira chegada. O partido baixada de ritmo, e os equipos parecían algo máis desorganizados. Cando parecñia o partido sentenciado xa que o Xallas tiña o dominio do partido, un fallo na saída do balón aproveitouno Alex para recurtar e meter ao Fisterra de novo no choque. Susto que durou pouca xa que na seguinte xogada de novo Carlos faría o 1-3 definitivo.

 

Corcubión - Muxía (1-4)

  • Campo: Novo Cubaleiro.
  • Corcubión: Abel, Carlos, Mesejo, José Ángel, Juan, Roberto, Miguel, Samu, Antonio, Luis e Kevin. Tamén xogou: Oca.
  • Muxía: Hugo, Fran, Marce, Gusa, Cristian Vilela, Cristian París, Tomas, Rodri (Josiño, m.30), Mario (Iván, m.60), Xan (Ander, m.70) e Toja.
  • Goles: 0-1, m.35: Toja; 0-2, m.40: Mario; 1-2, m.55: Antonio; 1-3, m.72: Ander; 1-4, m.78: Ander.

Aguantou o Corcubión a primeira metade ante un Muxía superior, gracias a unha gran actuación do porteiro Abel, que se está descantado como o mellor do cadro de Carlos Lema. Os de Luís Romaní intenárono por medio de Toja e Rodri pero o que facían era permitir o lucimento de Abel. Só nos últimos 10 minutos Toja e Mario conseguían romper o muro local e abrían a renda con dous tantos antes do descanso.

No segundo tempo o Corcubiín saíu algo máis enchufado e atoparía o premio para recurtar distancias e poñer incertidume no partido. Veuse abaixo o Muxía e o Corcubión tivo o empate con varias ocasións claras, ata que dous goles calcados de Ander de cabeza á saída de sendos corners déronlle tranquilidad ao equipo muxián.

 

Esteirana - Cee (0-3)

  • Campo: Xosé Luís Vara.
  • Esteirana: Dani, Álex, Dina, Chaki, David, Anxo (Yeray), Rubén, Xián, Jaime (Roberto), Carlos e Iker.
  • Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Pablo, Borja, Hugo, Rubén, Xavi, Isma, Samu, Lagoa e Iván. Tamén: Adrián, José Carlos e Brais.
  • Goles: 0-1, m.7: Alex Agulleiro tras regatear a 3 contrarios; 0-2, m.54: Samuel tras un bo regate; 0-3, m.66: Brais Lagoa de vaselina dende 30 metros.
  • Expulsión: o ceense Lagoa por encararse co público; e o adestrador esteirán

Partido tenso, e igualado no que o Cee fixo valer a calidade das súas individualidades. Así dán conta a beleza dos 3 tantos de Álex, Samuel e Lagoa.

O primeiro tempo estaba sendo moi igualado, e o Cee aproveitou unha das poucas oportunidades das que dispuxo. Na segunda metade, a raíz do segundo gol, o partido foi quedando franco para os ceenses.

 

Os Miúdos - Montelouro (4-3)

  • Campo: Eleuterio Balayo.
  • Os Miúdos: Xandre, Toni, Xian, Isma (Miguel, m.87), Anxo, Jose, Xavi, Raúl (Flavio, m.55), Gesto (Sergio, m.72), Javi e Gael.
  • Montelouro: Xaco, Caamaño, Antonio, Sergio, Jose, Adrián, Fran, Axel, Javi, Juan de Celia e Ángel. Tamén xogaron: Bertín, Joaquín e Alexis.
  • Goles: 1-0, m.15: Anxo de cabeza a centro de Gael; 1-1, m.25: Fran; 1-2, m.30: Juan de Celia; 2-2, m.36: Javi de penalti sobre Gael; 3-2, m.42: Javi dende fóra; 4-2, m.51: Raúl recolle un rexeite a un tiro de Javi ó borde da área e finaliza con tiro a escuadra; 4-3, m.76: Juan de Celia.

Derbi moi igualado, sen un fútbol moi vistoso pero si moitos goles. Un choque de xogo vertical e moitos balóns directos, dun lado a outro do campo. Comezou marcando o cadro esteirán, pero pronto os loureáns dábanlle a volta ao marcador cos tantos de Juan de Celia. Antes do descanso un penalti tan claro como absurdo propiciou o empate por parte dun Javi que volvería marcar e darlle de novo a volta ao marcador.

Arrincaba a segunda metade e nada máis comezar chegaba o 4º dos Miúdos. Tocaba arriscar ao cadro de Óscar Leis, e conseguíu recortar pero o pau e o porteiro local, Xandre, evitaron o empate.

 

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 4

 

Baio - Corme (2-2)

  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio: Cedrón, Iago, Gavin, Javi Muíño, Souto, Mohedano, Luís, Miguel, Santi, Alex e Estefan: Tamén: Julián, Queiro, Regueira, Alberto e Juan.
  • Corme: Fran, Pandi, Ángel, Aitor, Javi, Martín, Bruno, Mauro, Garrido, Manu Tasende e Manu Bermúdez. Tamén: Roque, Lucas, Noel, Ángel e Diego.
  • Goles: 1-0, m.2: Aitor; 1-1, m.12: Estefan; 1-2, m.57: Estefan; 2-2, m.85: Manu Bermúdez.

Partido inaugural da cuarta xornada do campeonato da liga xuvenil da costa, adiantado ao venres por mor das festas de Corme. Contaban os locais de toparse cun Baio titubeante e os visitantes cun líder forte. Con este panorama previo non cabía esperar outra cousa que un arranque de partido intenso dos de Lelo e Suso da Torriña que no min 2 se adiantaba a través dun córner ensaiado, no que o Baio segue demostrando a falta de concentración nese tipo de xogadas e sobre todo nos primeiros minutos dos encontros.

A medida que ían pasando os min, os baieses atopábanse cada vez mais cómodos defendendo e creando ocasións á contra, e os cormeláns mais incómodos no seu xogo combinativo. E foi así como nunha destas, Estefan igualaba a contienda. O marcador non se movería ata despois do descanso, coas sensación contrariadas.

A segunda parte sería un calco da primeira e de novo ó cuarto de hora Estefan volteaba o marcador. A xogada clave chegaría no 80’ na que Mohedano (que está a un nivel físico e mental expectacular) se plantaría man a man co porteiro tras un pase de Regueira. Desta vez o meta cormelán Fran gañaría a partida cunha excelente intervención. Esa acción espolearía aos locais que apretaron o partido ata o final con centros laterais. Nun achique de espacios defensivos “improvisado”, Manu Bermúdez controlaría o balón no centro da zaga baiesa e igualaría con facilidade o encontro.

Empate amargo para os dous equipos, uns por soñar coa victoria fácil e non conseguila e outros por facelo cunha ben traballada que por un despiste se esfumou.

 

Camariñas - As Pedreiras (1-2)

  • Campo: Hermanas Patiño.
  • Camariñas: Manuel, Facundo, (Alvaro, m.64), Pablo mouzo, Brais blanco, (J. Franciso, m.80) Daniel, Brais Alonso, Pablo Suárez, Joseba, Álex (Eloy, m.89), Gabriel, (Josiño, m.64) e Brandon.
  • As Pedreiras: Benjamín, Pablo (Andrade), Alex, Fidalgo, Kuki, Eloy, Jose, Alberto (Esmoris), Rubén (Brais), Cotelo (Diego), Aarón.
  • Goles 0-1, m.15: Cotelo, 0-2, m.38: Jose marca un golazo de falta; 1-2, m.89: Brandon.
Camarinas-San Lorenzo Xuv-Foto-Camarinas Camariñas-San Lorenzo Xuv-Foto-Camarinas

Unha parte para cada equipo e os puntos para Verdillo. O cadro de Rudi saíu moito mellor na primeira metade, levando a iniciativa e tendo varias ocasions gracias a un fútbol directo moi efectivo. Cotelo e Jose, cunha gran falta, adiantaban aos visitantes.

Saíu o equipo de Faus moito máis intenso na segunda metade, metendo atrás aos visitantes. Chegaron algunhas ocasións, así como algunha contra de Brais que puido sentenciar o choque. Pero o Camariñas non deu o partido por perdido en ningún momento e proba delo é que marcou no m.89 por medio de Brandon.

Algo estrano é que este Camariñas, tal e como está xogando, aínda non estrease o taboleiro dos puntos.

 

Cabana - Ponteceso (2-3)

Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana Cabana-Ponteceso-Foto-Cabana
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Darío, López (David), Gonzalo (Kevin), Ferreiro, Steven, Breo, Alex (Yago), Julián, Jose Ángel (Roberto) e Fernando (Martín).
  • Ponteceso: Víctor, Brais, Iván Rodríguez, Aarón, Jorge, Luca, Ismail, Eloy, Iván Cousillas, Aday e Loureiro. Tamén xogaron: Lucas, Damián, David, Pop e Arturo.
  • Goles: 1-0, m.4: Fernando; 1-1, m.35: Eloy; 1-2, m.54: Eloy; 1-3, m.78: Eloy; 2-3,m .89: Breo.
Ponteceso Xuvenil-Foto-Ponteceso Ponteceso Xuvenil-Foto-Ponteceso

Derbi nas Redondas, especial para moitos, como para o propio Fernando, adestrador cabanés que o ano pasado compartiu vestiario cos rapaces pontecesáns. Comezaba o partido igualado, moi disputado fisicamente, cun Cabana máis intenso, que chegaba con certo perigo. Así se adiantaba o Cabana, e o choque igualábase cun Ponteceso, este ano ás ordes de Gurita, que ía subindo liñas e convertíndose no amo do balón. Así, tras un erro cabanés, Eloy facía o empate antes do descanso e abría a súa conta particular.

Na segunda baixou o Cabana fisicamente, e o Ponteceso puido controlar o partido. De novo un par de erros polos nervios dalgún xogador local, permitiron que Eloy, do melloriño do choque xunto a Ismail, anotase dous novos tantos. Maquillaría o resultado Breo cun golazo.

 

Zas - Laxe (5-2)

  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Hadrián, Kevin, Brais, Lodi, Ismael; Darío, Cristian, Adri, Dani, Álvaro; Andrés. Tamén xogaron: Calo e Damián.
  • Laxe: Anxo, Samuel, Manu, Bruno, Enrique, Alex (Dani), Valentín, Santi, Bieito (Fabio), Solís (Álvaro) e Íñigo.
  • Goles: 1-0, m.1: Adri; 2-0, m.2: Adri; 3-0, m.4: Cristian; 4-0, m.6: Álvaro; 4-1, m.40: Santi; 4-2, m.51: Valentín; 5-2, m.74: Cristian.
  • Expulsión: o laxense Anxo por unha man fóra da área.
  • Lesión: o laxense Manu cun golpe.

Menuda “pájara” monumental ca que saía o Laxe ao comezo do partido. O Zas de Corredoira aproveitouna, e tanto, e co vento a favor colócabase 4-0 en apenas 6 minutos…

Tardou media hora en reaccionar o cadro de Toni, que recurtaba distancias, pero nunha contra sentenciaban os locais ante un Laxe que remataba con 9 sobre o campo.

 

Sofán - Coristanco (1-7)

Coristanco SD Xuvenil 16-17 Coristanco SD Xuvenil
  • Campo: O Carral.
  • Sofán: Cristian Rod., Nacho Eirís, David Bolón, Alex Fidalgo, Alberto Figal, Dani Padín, Eloy Cabeza, Brasi Rey, Sergio García, David Dourado e Gabi Mariño. Tamén: Iván González, Sergio Pombo, Borja Rod., Adrián Barreiro e Alex Villar.
  • Coristanco: Eloy, Espasandín, Álvaro, Jorge, Sergio, Iván (Adrián RR, m.46), Carlos (David, m.58), Dani (Esteban, m.56), Anido (Braian, m.75), Alex e Castro.
  • Goles: 0-1, m.15: Iván; 0-2, m.17: Álex; 0-3, m.39: Castro; 0-4, m.44: Castro; 0-5, m.47: Castro; 0-6, m.50: Castro; 1-6, m.60: David Dourado; 1-7, m.90: Esteban de penalti.
Sofan-Coristanco Xuvenil-Foto-Coristanco Sofan-Coristanco -Foto-Coristanco

Repaso en toda regra o que lle deu o equipo de Eloy ao de Javier Cabeza. E iso que nos primeiros minutos era o cadro local o que máis se achegaba á meta visitante, pero o meta Eloy salvou ata 4 ocasións e permitiu que os verdes fosen estirando filas. Así, pronto chegaron os goles. O Coristanco fíxose co partido, borrando do mapa a un Sofán que só volvía a recoller o balón da rede.

Grandes minutos deste Coristanco que disfrutaba no campo, movendo ben o balón e marcando.

 

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios