Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: Empate a 0

Xuvenís: Empate a 0
Imaxe do partido xuvenil Cee-Xallas - Foto- Jorge Parri

Dous eran os partidos máis fortes esta semana nas Liga Xuvenís, un no norte e outro no sur. E ambos remataron con sendos empate a 0. O Cee aguantaba os envites do potente Xallas de Santa Comba no San Pedro de Refoxos, mentres que o Baio facía o propio ante un Ponteceso que volveu realizar un xogo moi combinativo.

Pero a xornada deu para moito máis, que repasamos por Ligas, recollendo as crónicas dos dous partidos da semana:

O xuvenil do Malpica Juny foi o protagonista da tarde  Foto- Blog do Malpica de Luis E Porto

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 5

Hoxe comezamos polo norte, onde as cousas están caza vez máis apretadas. 5 equipos en apenas 2 puntos e por detrás un Laxe que non decae, e así o demostrou vencendo ao Corme nun derbi moi bonito, no que os visitantes se puxeron por diante, pero o Laxe remontou precisamente cando mellor estaba o Corme.

O partido da xornada era o Baio-Ponteceso, cos dous equipos de líderes empatados (o Baio ten un partido menos). Agora, tralo empate, o Malpica alcanza a ambos tras vencer a un Muxía que a pesar da melloría non acaba de arrincar. Ademais, os muxiáns non puideron conter o potencial de Juny, que asinou os 4 goles da tarde sabatina en Arliña.

Un dos partidos más bonitos da xornada dispotouse en Zas, onde o conxunto local conseguíu manter un punto ante o potente Cabana. O empate deixa ao Cabana a 1 só punto da cabeza da táboa, empatado co Coristanco, que superaba ao Camariñas con máis problemas dos esperados, o que dá conta da melloría do cadro camariñán.

Repasamos o partido da xornada na Liga Norte.

Baio - Ponteceso (0-0)

Baio-Ponteceso xuv - Foto- Alejandro Mel
  • BAIO: Guillermo, Marcos, Silvariño, Xoel, Pablo, Pedro, Kevin, José Manuel, Carlos, Lucas, Anxo. Tamén xogaron: Pedro, Cristian, Santi, Poyo.
  • PONTECESO: Xurxo, Diego, Fabián, Dani Vale, Joshep, Dani Cotelo, Iago, Iago, Eloy, Cristian, Borja. Tamén xogaron: Eliseo Alberto Recarey, Jonnie, Pablo Lorenzo.

Chegaban os dous equipos ao Platar Reinoso líderes, pero condicionados polas baixas. O Baio tiña varias lesións, como a de David, o medio centro; ou os dianteiros Cristian e Santi Díaz, que apenas puideron xogar un rato. Por bando pontecesán, ademais de que a convocatoria dos maiores segue a condicionar a xuvenil, pero xa sabe Mato que os maiores precisan das xoias xuvenís. Ademais no quecemento lesiouse outro titular.

O partido non tivo a tensión esperada, estivo bastante controlado polo Ponteceso. O adestrador visitante rantexou o partido con moito toque, e o Baio meteuse atrás moi seguro buscando ás contras, pero a pólvora estaba no banco. O Ponteceso quería pero non chegaba con claridade á meta de Guillermo e non foi quen de abrir a lata.

Eloy, Cristian e Iago tiveron 3 boas ocasións para decantar o partido para os pontecesáns pero taén, e xa contra o final, o novo baiés Santi Díaz tivo unha clara desas que non soe fallar, pero perdoou o empate.

Baio-Ponteceso xuv - Foto- Alejandro Mel

Liga Xuveni Sur, Gr.3, xornada 5

Segue líder o Xallas Santa Comba con 13 puntos e sen coñecer a derrota no sur da Costa tralo empate en Cee. Por detrás, Dumbría, Fisterra e Mazaricos, que non perden o tren da cabeza. Ambos solventaron os seus choques ante Esteirana, Muros e Outes. Se ben o Dumbría e o Fisterra o tiveron máis sinxelo, o Mazaricos sufriu para vencer ao Outes nun choque de ida e volta que levou o máis efectivo.

Ademais, o Corcubión acadaba os seus primeiros 3 puntos, superando a un Soneira que parece que este ano vai pasar unha temporada de trámite. 2 goles a favor e 27 en contra así o reflicten, sendo xunto á Esteirana, os únicos que non estrearon o taboleiro dos puntos.

E deixámosvos ca crónica do partido da xornada na Liga Sur.

Cee - Xallas de Santa Comba (0-0)

Cee-XSC - Foto- Jose Cambeiro
  • CEE: Paulo, Jesús (Juanfran, min.69), Martín, Tonecho (Paris, min.76) Aitor, Tevo (Mario, min.82), Esteban, Nanon, Lamela (Andrés, min.80), Pablo (J. Ramón, min.84), Benlloch.
  • XSC: Juan, Caamaño, Pablo (Fabián, min.61), José, López, Dani (Alex, min.47), Marquiños, Diego Maneiro, Stiven (Gerpe, min.82), Juan (García, min.89), Mariño (Romar, min.78).
  • Expulsión: O adestrador local José Carlos.
Afeccion incondicional do UC Cee - Foto- Jorge Parri

Aguantou o Cee o partidazo do equipo xalleiro que demostrou o seu potencial e por que está de líder imbatido. Marquiños foi un quebradeiro de cabeza para os ceenses, pero non estivo fino no remate e fallou varias ocasións claras. Pero en fronte, na meta local estaba un Paulo que se convertiu no heroe do partido. E iso que cometeu un penalti no último minuto que o colexiado non pitou tras derribar precisamente ao extremo xalleiro.

O balón estivo durante todo o partido nos pés do conxunto local, ben dirixido polo medio centro Diego Maneiro. Styven e Marquiños enviaron ao pao sendos balóns, mentres que por bando ceense foi Tevo o que tivo a acción máis clara tras un pase de Pablo pero que Juan soubo atallar.

Finalmente un empate a 0 que non reflicte o visto no campo, pero no que o XSC demostrou que este ano parece estar lixeiramente por arriba.

Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios