Xuvenís: Empezou o espectáculo da #CopadaCosta
Comezou, logo da errónea 1ª fase, a verdadeira Copa da Costa Xuvenil 2013 que seguimos polo twitter co hastag #copadacosta. 16 equipos en liza, e as armas por o alto, e trala ida destes Oitavos, tan só Malpica e Cabana poden ir pensando nos Cuartos. Ademais, a fin de semana deparou sorpresas, como ten que ser en toda Copa que se prece.
A sorpresa máis salientable, a vitoria do Laxe en Fontenla. Os laxenses atopouse cun 0-3 que soubo nadar e gardala roupa durante unha de hora na que o Xallas de Santa Comba o intentou por tódolos medios.
Foron o Malpica e o Cabana os que sentenciaron o pase. Os malpicáns demostraron a súa superioridade ante un Muxía en cadro que xa está desexando que remate a temporada. Os de Tato non tiveron piedade e endosaron un rotundo 10-0 en Pedra Queimada, con, nada menos que 6 tantos do capitán Juny, 2 de Almeida, e un de Pitís e Víctor Novo.
O Cabana sentenciou tamén deixou sentenciado o pase en Camariñas cos goles de Iván Mato (3), Moreno e Martinciño.
E dura derrota en Dumbría para os chavales do Ponteceso no choque dos dous campións ligueiros que sufriron un serio baixón. Os de Mato, con moitas baixas, comezaron ben pero se viron superados na segunda metade e case que pechan esta tempada pola porta de atrás. Mágoa por esta fornada de grandes futbolistas, pero polo menos saben que son os que están tirando para salvar aos maiores, e o traballo está enriba da mesa, e o ano que vén van ser 15 rapaces da casa no primeiro equipo de Ponteceso.
Vitorias visitantes de Cee e Fisterra en Coristanco e Mazaricos. Os, a priori, favoritos sufriron pero sacaron bos resultados de cara á volta.
Ademais, todo queda para a volta nos choques entre Outes e Esteirana e entre Corme e Baio. No Conchido, Rafa marcou para os locais e Pachuco Jr. para os esteiráns, que sorprenderon dada a boa segunda fase dos de Manu Roque, dominando máis e merendo levar unha maior renda para a volta no Xosé Luís Vara. Mentres, en Corme, Brais anotaba para os locais e Hío para os baieses, nun choque sen dominador claro que deixa todo para a volta.
E analizamos 4 dos 8 partidos da xornada:
Dumbría - Ponteceso (4-1)
- DUMBRÍA: David, Fabián (Adrián, min.60), Samuel, Cabana, Jose, Adrián Alcaina, Dito (Kevin, min.46), Israel, Javi (Alex Siaba, min.15), Miki Pose (Jorge, min.75), Martín.
- PONTECESO: Guille, Dani Valle (Isma, min.46), Fabián, Diego, Joseph, Lorenzo, Alberto Recarey, Bieito, Iaguito, Iago, Eloy (Johni, min.60).
- Goles: 0-1, min.20: Eloy; 1-1, min.60: Kevin de penalti; 2-1, min.65: Israel; 3-1, min.75: Kevin; 4-1, min.85: Martín.
- Expulsión: Fabián no min.60 por cortar un balón na área ca man.
Dúas partes diferenciadas neste choque de titanes vidos a menos na segunda fase. O Ponteceso estivo mellor no primeiro tempo, tocando o balón como gustan os de Mato, e levando o peso do partido. Eloy rubircaba o dominio metendo en vantaxe aos visitantes.
Pouco a pouco os locais foron recuperando terreo e presionando máis. Pero a xogada clave do partido non chegaría ata os 15 da segunda, cando unhas mans de Fabián dentro da área eran entendidas polo colexiado como penalti e expulsión. Aí cambiou o conto do partido. O Dumbría veuse arriba e arrollou ao Ponteceso na última media hora, colleu á contra á defensa pontecesá e sentenciou a eliminatoria.
XSC - Laxe (0-3)
- XSC: Couto, Mikli, Roberto, Josito (Dani Martinez, min.60), Cristian Caamaño, Cristian Torres (Diego Maniero, min.60), Fabián, Yordi (Iván, min.50), Marcos, Tefi (Pablo Landeira, min.60), Styven.
- LAXE: Dani, Roberto, Diego, Samuel, Sergio (Pibe, min.80), Djamel, Santi, Elías, Adrián, Saleta, Carrabete.
- Goles: 0-1, min.5: Saleta de cabeza dende lonxe; 0-2, min.10: Adrián tras un roubo de balón; 0-3, min.35: Saleta coa axuda do meta local que se lle escapa.
Sorpresa en Fontenla pola dura derrota dun dos que nos van representar na fase de Ascenso á Liga Galega e un Laxe que cada día vai a máis, con varios xogadores xa habituais no 11 da 3ª da Costa. Os laxenses atopáronse con dous goles á contra en 10 minutos e logo souberon aguantar durante 80 minutos. Pero non foi o mellor partido do Xallas de Santa Comba, que nunca puido ca moi ordenada defensa laxense.
O Laxe estivo moi serio todo o partido, permitindo tocar pero só no seu campo, pero atentos a posibles roubos e saíndo con velocidade. Na segunda, cos cambios, o equipo de Rafa intentou baixar o balón pero o campo, demasiado seco, non favorecía a profundidade, e non lle saíu nada. Faltou fe e ao completo dominio non lle acompañaron as ocasións.
Necesita o XSC pasar a eliminatoria se non será mes e medio sen competir ata a Fase de Ascenso. Pero en fronte, terá a un hipermotivado Laxe.
Mazaricos - Fisterra (3-4)
- MAZARICOS: Samuel, Carreira, Gabriel (Rubén, min.85), Javier (Marcos, min.80), Ramón, Oreiro, Ferreiro, Sandelo, Alberto (Raúl, min.45), José Ángel (Alex, min.30), Cristian (Borja, min.75)
- FISTERRA: Ángel, Moisés, Suárez, Cartamil, Noé (Adrián, min.65), José Manuel (Toni, min.45), Rubén, Gabriel (Breixo, min.83), Pazos, Píchel (José Carlos, min.65), Abel, Josema (Emilio, min.82).
- Goles: 1-0, min.12: José Ángel; 1-1, min.37: Gabriel; 2-1, min.47: Raúl; 2-2, min.50: Pichel; 3-2, min.60: Cristian; 3-3, min.67: Gabriel en propia meta; 3-4, min.70: Abel.
- Lesión: o amarelo José Ángel.
Partido disputado, de ida e volta, no que estiveron mellor os ataques que as defensas e que gañou o que máis acertado estivo. De feito, o Fisterra tivo que remontar ata en 3 ocasións, e acabou levando unha boa renda para a volta.
Comezaba pegando o cadro amarelo, pero antes do descanso igualaba o Fisterra. Raúl voltaba poñer por diante aos locals pero Pichel, igualada de novo. Cristian metía o 3-2 cando aínda quedaba media hora de xogo e aí o Mazaricos non puido conter a abalancha verde, que en 10 minutos daba a volta ao marcador tras varios erros defensivos dos amarelos.
Coristanco - Cee (2-4)
- CORISTANCO: Nacho, Rubén, Jonathan, Dani, Alexis, Christian (Iván Vázquez, min.70), Adrián, Iván (Javi, min.45), Sergio, Cristian, Gabri (Fabio. min.57).
- CEE: Paulo, Jicho, Martín, Aitor (Michi, min.87), Raper, Lamela, Pikallo, Benlloch (Cibran, min.74), Andrés (Carlos Leis, min.83), Nanón, Esteban.
- Goles: 0-1, min.40: Pikallo; 1-1, min.45: Cristian de penalti; 1-2, min.81: Andrés; 1-3, min.87: Pikallo; 2-3, min.89: Martín en propia meta; 2-4, min.90: Lamela.
- Expulsión: o ceense Jicho min.44.
Gran resultado que leva o Cee para a volta a pesar de xogar toda a segunda con 10 homes. Os de Rochi, xa fornidos dada a súa experiencia na 3ª, prantaron cara ao favorito da eliminatoria pero que vén de loitala primeira praza do grupo. Comezou Picallo adiantando aos ceenses pero ao fío do descanso Jicho era expulsado por mans dentro da área e o Coristanco empataba dende os 11 metros por medio de Cristian.
Púñase costa arriba para o Cee, pero os de José Carlos saíron a por todas lonxe de meterse atrás. E iso que os locais mandaba un balón ao pao nada máis volver dos vestiarios. Pasaban os minutos sen dominador claro pero pero chegaron 10 minutos tolos. Andrés e Pikallo sorprendúa á defensa local e metían un 1-3 que parecía sentenciar o partido, pero o Coristanco recurtaba con algo de sorte e un gol en propia, meténdose na eliminatoria. Pero xa co tempo cumplido, un erro local deixaba que Lamela lanzase pola escuadra e poña a eliminatoria moi fácil para os azuis, que recibirán o sábado no San Paio de Refoxos aos coristanqueses.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: As loitas seguen abertas.
- 2ª Autonómica: Igual por arriba e tensión por abaixo.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso salva unha xornada fatídica.
- Preferente: Sen tensión.
- Resultados e análise da xornada do fútbol da Costa da volta do parón de Pascua.
Novas relacionadas
- Un cadete fisterrán do Dumbría probará co Levante.
- Entrevista de David Castro con Miki Pose, un cabanés en Dumbría.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido aos irmáns Mato do Cabana.
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colaboran Unión Club Cee, SCD Malpica.