domingo. 01.12.2024
El tiempo

Xuvenís: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba

Xuvenís: Esteirana, Outes e Corme perderon o barco dos 5 de arriba
Cabana e Coristanco protagonizaron o partidazo da xornada-Foto-Cabana Cabana e Coristanco protagonizaron o partidazo da xornada-Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Hoxe, por mor dos festivos e da Copa, toca lixeiro repaso ás Ligas Xuvenís, non tan completo habitualmente. Cando quedan só 4 xornadas para o remate da 1ª Fase, 5 equipos parece que teñen un pé na Liguilla de campións. A única loita verdadeiramente aberta parece na Liga Sur pola 3ª praza, na que Fisterra e Outes quedan sós para a pelexa. Por arriba, o Cee deixábase o primeiro punto da tempada en Muros ante Os Miúdos. Quixeron vencer se baixar o autobús os ceenses e se atoparon cun serio cadro negro que soubo xogar as sáus bazas e acadou un empate. Os ceenses quedaron con 10 á media hora e con 0-1 no marcador, e tiveron que remar pero non deron acadado a vitoria. Así, só ten un punto de vantaxe sobre os xalleiros de cara ás vindeiras xornadas, quedando pendente na penúltima un Xallas-Cee que seguramente decidirá o título, unha vez que os números do Xallas seguen sendo implacables, tras deixarse só os 3 puntos do choque de ida no San Paio de Refoxos. Por detrás, como dicimos, Fisterra e Outes pelexan pola 3º praza tras alonxar definitivamente a un Esteirana e un Muxía que perderon a súa opción.

Trío destacado no Norte

Parece que As Pedreiras, Ponteceso e Coristanco serán os equipos que pelexarán pola Fase de Ascenso á Liga Galega. O sorprendente líder, no ano da súa estrea, tiña a papeleta máis complicada ante un Corme que de ter gañado se metía de cheo na pelexa. Foi un choque igualado, que comezou co Corme enriba e adiantándose, pero dous tantos de Cotelo á contra daban a volta ao marcador. O Ponteceso tamén sufriu para vencer a un Camariñas que non ten o seu ano. Un 4-6 digno dun partido de tenis demostra o toma e daca no que se convertiu o choque. E iso que o cadro camariñán se metían 3-0 na primeira metade, pero na segunda non soubo gardar a roupa, e os goles de Eloy (2), Aarón (2) e Aday (2) deron a volta ao marcador. Algo parecido pasaba en Sofán, nun estrano choque no que a defensa zasense fixo augas por todas partes, e os locais foron superiores en todo momento destanco os tripletes de Brais Rey e Gariel Mariño.

O partido da xornada

Cabana - Coristanco (3-3)
  • Campo: As Redondas.
  • Cabana: Dario, Nando (Martin), Gende, Veiga (Castro), Rubén, Steven, Julián, Yago (Kevin), Breo, Ferreiro, David (Alex Lema).
  • Coristanco: Eloy, Espasandín, Álvaro, Jorge, Sergio, Braian, Iván, Dani, Álex, Anido e Castro. Tamén: Jose e Iago
  • Goles: 1-0, m.25: Ferreiro de cabeza; 2-0, m.26: Steven; 2-1, m.46: Castro; 2-2, m.58: Braian de falta pola escuadra; 3-2, m.80: Alex Lema; 3-3, m.85: Castro.
  • Expulsións: os cabaneses Ferreiro e Breo por protestar; e Julián por doble cartón.
Partido bronco pero con goles o vivido nas Redondas. Chegaba o Coristanco con importantes baixas ante un Cabana que vén de menos a máis e que pelexu coma leóns por manter algún punto. Comezaba o Coristanco entrando ata a área local, pero sen acerto. E era o cadro de Fernando o que se adiantaba con dous tantos consecutivos, aproveitando sendos roubos no medio campo que xa levaban propiciando varias contras claras. Saíu forte o cadro de Eloy e nada máis comezar a segunda metade Castro, o destacado pichichi da categoría abria a súa conta particular. Pouco despois Braian facía o empate cun golazo de falta. Volta a empezar. E aí chegou a expulsión de Ferreiro por protestar. Confiouse o cadro coristanqués mentres que o local daba un paso adiante no canto de dalo para atrás. Pero apenas 5 minutos despois, outro cabanés Breo, era expulsado tamén por protestar. Quedaba moito tempo, e era o Cabana o que creaba máis perigo nas contras. Nunha pedían a expulsión do meta por tirar a Gonzalo, e na seguinte Alex Lema puña ao Cabana por diante. Aïnda tiña o colexiado un terceiro cartón vermello para os locais, así que quedaba colgarse do longueiro aos 8 bravos cabaneses que pelexaron ata o final con unllas e dentes. Foi Castro, quen se non, o único que conseguíu romper a tela de araña para arrincar un empate que sabe ben aos dous equipos.

Crónicas das Ligas Xuvenís

<

Máis información

Comentarios