Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Xuvenís: O Cabana amosa as súas credenciais

Xuvenís: O Cabana amosa as súas credenciais
Cabana Xuvenil en Cee O Cabana Xuvenil freou aos Miúdos e confírmase como alternativa

O partidazo desta xornada 6ª xogábase nas Redondas, cun Cabana que parou a escalada dos Miúdos cara o liderato. Quedan agora Corme e Fisterra con 15 puntos (os cormeláns teñen un partido menos, sumando 5 vitorias en 5 partidos, mentres que os fisterrán teñen unha derrota), con 2 puntos de vantaxe sobre Os Miúdos e Cabana. Por detrás aínda ten opcións de meterse na pelexa a Esteirana.

Por abaixo, sen novas do Laxe, o Ponteceso acadou o primeiro punto da tempada ante o San Lorenzo despois de vir deixando boas sensacións semanas atrás.

 

Esteirana - Zas (6-0)

  • Esteirana: Curriño, Rodrigo,Kevin, Chaki, David, Alex de Dina, Farinós, Benji, Xián, Juán, Carajillo. Tamén: Robertiño, Tony, Juan do Tractor, Priegue e Joaquín.
  • Zas: Pereiras; Adrián, Xabier, Pablo, Juan; Raúl, Darío, Fariña, Pedro; Sixto e C. Tomé. Tamén xogaron: Roi, Unai e Rojo.
  • Goles: Carajillo (3), Xián, Benji e Álex de Dina.

Claro triunfo dunha Esteirana superior ante un Zas que puido conseguir un resultado mellor pero non acertou ante a meta contraria. Primeiro tempo máis igualado, pero tres goles seguidos en dez minutos acabaron sentenciando o triunfo e a goleada local. A Esteirana tivo sempre maior control do balón, pero curiosamente os dous primeiros tantos chegaron en sendas contras nas que o Zas estivo lento replegando. Na segunda metade só houbo un equipo sobre o céspede do Xosé Luís Vara.

 

Camariñas - Outes (1-5)

O Camariñas xuvenil O Camariñas xuvenil
  • Camariñas: Sergio, Fran, Anxo, Manuel, Cibrán, Eric, Hugo, Nando, Brais, Mario e Luís. Tamén xogou: Juan.
  • Outes: Siro, Joel (Cartucho, m.65), Perol, Nico, Fabián (Christian, m.52), Stefan, Kevin (Canoa, m.67), Josiño, Ángel, Ramón Ryan (Ivo, m.71).
  • Goles: 0-1, m.43: Ryan; 0-2, m.63: Ryan; 0-3, m.64: Joel; 1-3, m.70: Luís; 1-4, m.80: Ramón; 1-5, m.89: Ramón.
Camarinas-Outes de xuvenis Imaxe do partido entre Camariñas e Outes

Partido de cor branquinegra ante un Camariñas que aguantou a primeira metade sufrindo no seu campo pero sen recibir un gol, ata que ao fío do descanso Ryan abría a lata camariñá. Na segunda intentou estirarse o cadro camariñán, que en todo momento intentou xogar ao fútbol, pero era o Outes o o que marcaba dous tantos seguidos no ecuador da segunda, que facía que o tanto dos locais non valese para meterse no partido.

 

San Lorenzo - Ponteceso (3-3)

11 do San Lorenzo juvenil 11 do San Lorenzo
  • San Lorenzo: Borja, Iván, Cambón, Álvaro, Garrido, Rubén, Edu, Fran, Álex Pereiro, Castro e Sergio. Tamén xogaron: Juan, Pipa, Jota e Brais Rey.
  • Ponteceso: Isaac; Adrián (Carlos), Jose, Raúl, Pablo; Borja (Lukas), Roberto, David, Diego Pereira (Íker); Pop e Diego Álvarez (Rubén).
  • Goles: 1-0, m.20: Castro 1-1, m.30: Diego Álvarez; 2-1, m.31: Castro de penalti; 2-2, m.60: Pop marca un golazo; 2-3, m.61: Diego Álvarez; 3-3, m.75: Pipa.

Partidazo en Verdillo, moi intenso e moi vistoso, que comezaba cun partido no que o dominio do balón era do San Lorenzo que tiña as primeiras ocasión pero a falta de puntería privaba de marcar o primeiro. Un Ponteceso ben ordenado, ata que nunha cabalgada de Fran se plantaba só ante o porteiro e o seu disparo cruzado empurrabao Castro para marcar o 1-0, nunha xogada protestada polos visitantes por un posible fóra de xogo.

Tras isto veuse arriba o equipo de Brais e facía lucirse a Borja nun disparo lonxano e nunha falta que acababan en sendos córners. Ata que trala insistencia lograban o empate sobre a media hora de partido da man de Diego Álvarez. Pero sen tempo a descansar, só un minuto despois prantábase Álex Pereiro ante o último defensa e cando o sobrepasaba era vítima dun penalti que anotaría Castro. Chegaban antes do descanso os mellores minutos dos locais pero sen conseguir o gol.

Tralo descanso saía mellor o Ponteceso, cun Pop que tomou as rendas do seu equipo e conseguía un auténtico golazo, regateando ata 4 xogadores e asinando o empate. E de contado, nun saque de esquina de novo provocado por Pop e sacado por Fose, Diego Álvarez fai o 2-3, o seu segundo tanto da tarde.

A partir de aí, o Ponteceso deu un paso atrás e comezou o asedio dos locais con máis fé que fútbol, e só Pipa nun balón chovido enganchaba unha bolea a escadra que suporía o definitivo 3-3.

Os últimos minutos foron para esquecer, o partido púxose bronco e mesmo nos típicos empurróns cando se saca o balón das mallas para intentar sacar de centro, o colexiado decidía a expulsión de Castro na tangana, e pouco despois a Pablo Garrido, tamén por protestar. Aínda con 9, o San Lorenzo buscou a vitoria, pero o Ponteceso estreou o taboleiro de puntos. Boas novas para o Ponteceso que recupera ao porteiro Isaac, ao mellor Pop e o olfato de Diego Álvarez.

 

Fisterra - Laxe (14-0)

  • Goles: Isaac (7), Mario cadete, Aarón, Ángel Suárez, Ángel Golpes, Xan Xixo, Óliver.

Partido de adestramento para o Fisterra, no que Pablo Lestón deu minutos aos menos habituais (mesmo cadetes) ante un Laxe que parece non querer amosarse na competición. O único salientable, ademais dos 7 goles en 45 minutos de Isaac, foron o retraso do colexiado por un problema co seu vehículo.

 

Corme - Cee (10-0))

Corme-Cee de xuvenis-Foto-Fin Lema Corme-Cee de xuvenis-Foto-Fin Lema
  • Goles: Aitor (2, 1 de penalti), Eloy Villar (2), Manu Garido, Mauro, Javi Bermúdez, Manu Tasende, Alex Nieto e Alex Mato.

Sesión de adestramento para o Corme ante un Cee que se presentou con 11 xustos.

Corme-Cee de xuvenis Corme-Cee de xuvenis  

Cabana - Os Miúdos (3-2)

  • Cabana: Manuel, Rubén (Eloy), Brais (Cristian), David, Dani, Samuel, Roberto (Pablo), Castro, Manuel, Simón (Álex) e Reigía (Diego).
  • Os Miúdos: Balayo, Angeliño, Fran, Dani, Xian, Abel, Jose, Gesto, Alon, Je e Rubén. Tamén xogaron: Ismiña, Ángel Sanandres, Pipo, Flavio e Javi.
  • Goles: 0-1, m.35: Alon; 1-1, m.44: Samuel de cabeza; 2-1, m.47: Simón de chilena; 2-2, m.67: Jose; 2-3, m.86: Simón.

Partidazo o vivido nas Redondas cuns Miúdos que viñan de superar a todo un Fisterra e un Cabana que vén de menos a máis. Foi un partido intenso, sin dominador, moitas imprecisións, cun Cabana que comezou algo máis forte, sen permitir sentirse cómodos aos muradáns. Tras media hora de respecto, os Miúdos colocábanse por diante cun gol de Alon que quedaba sorprendente só diante do porteiro. Pero no último minuto da primeira metade, Samuel facía un auténtico golazo de cabeza.

Nada máis saír dos vestiarios, outro golazo, de chilena de Simón tras un erro da defensa visitante. Mediado o segundo tempo, noutra falta lateral empatan os Miúdos cun bo remate de cabeza de Jose.

O partido ía e viña e puido ter caído de calquera bando, pero eran os locais os que marcaban nuna contra. A partir de aí, segundo os dous equipos foi clave a aparición do colexiado, cunha expulsión por bando, e un posible penalti que o colexiado non viu a favor dos muradáns, que se queixaron moito da actitude arbitral.

 

Xallas - Sofán (3-1)

11 do Xallas 11 do Xallas
  • Xallas: Fabián, Iván Amarelle, Nando Pensado, Iván Caamaño, Héitor, Víctor, Adrián López, Pablo Facal, Barbeira, Adrián Mourelle, Fabián Amarelle. Tamén xogaron: Brais Espasandín, Guillín, Brais Calo, Kevin e Pablo Pazos.
  • Sofán: Christian, Dani, Docampo, Adrian, Nacho, Eloy, Cuadrado, Nachete, Aaron, Kevin e Rial. Tamen xogaron Gaby, Montero, Simon, Diego e Cristian Novi.
  • Goles: 1-0, m-10: Iván Caamaño; 2-0, m.27: Fabián Amarelle de penalti; 3-0, m.79: Guillín; 3-1, m.80: Novi.
11 do Sofán en Fontenla 11 do Sofán en Fontenla

Partido con ocasións para ambos equipos, no que o Xallas goi máis efectivo aproveitando situacións de balón parado, o primeiro gol nunha falta lateral, segundo de penalti e o terceiro un gol olímpico.
Ao final da primeira parte o Xallas iríase a caseta con dous goles a favor e ningun en contra grazas a dúas paradas estratosféricas do cancerbeiro local Fabián Pérez en sendos man a man coa dianteira visitante. Na segunda metade o equipo visitante foi máis incisivo en ataque pero acabaríase o partido cun 3-1 en favor do Xallas.

En todo caso, foi un choque intenso, cos dous equipos pelexando cada balón dividido, que se decidiu polo mellor acerto dos locais.

 

Todas as crónicas do Fútbol Xuvenil

  https://quepasanacosta.gal/xuvenis-os-miudos-asaltan-o-liderato/  

Resultados e clasificación da Liga Xuvenil

 

Comentarios