Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O heroe inesperado

Xuvenís: O heroe inesperado
Esteirana xuvenil Dani, o segundo pola esquerda da fila de arriba, foi o heroe inesperado da xornada, pois sendo o porteiro suplente marcou o gol da vitoria da Esteirana no derbi ante o Montelouro A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook

Só o Corme suma 3 vitorias en 3 partidos nos dous grupos das ligas Xuvenís. Un Corme que, sen grandes alardes, demostra o poderío atacante do que dispón, con xogadores moi novos pero xa experimentados en categorías de modestos.
Polo Norte, Coristanco, Ponteceso e As Pedreiras (ou San Lorenzo), manteñen o ritmo con 2 vitorias e un empate, tendo moi bos números.

Polo Sur, Cee, Xallas e Outes suman partidos por vitorias, coa Esteirana tamén na zona noble. Ollo aos números de ceenses e xalleiros, que meten medo. De feito, os de Carlos Pazos superaron a un moi bo Fisterra, mentres que os de Dani Calvete presentaron a súa candidatura para revalidar o título de liga acadado a pasada tempada cunha nova goleada.

 

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 3

 

Cee - Fisterra (4-3)

  • Campo: Sampaio de Refoxos.
  • Cee: Carlos, Alex Agulleiro, Rubén, Borja, Chema, Castillo, Pablo, Hugo, Isma, Samu e Lagoa. Tamén xogaron: David, Xavi, Iván e José Carlos.
  • Fisterra: Aarón, César (Papin), JF, Andrés (Sergio), Cristopher, Manu, Ezequiel, Pichino (Gabi Golpes), Asier, Aarón e Dani.
  • Goles: 0-1, m.25: Aarón; 1-1, m.31: Samu; 1-2, m.40: Christopher; 2-2, m.44: Chema; 2-3, m.53: Ezequiel; 3-3, m.55: Alex Agulleiro marca un golazo por riba do porteiro; 4-3, m.65: Samu a pase de Alex Agulleiro.

Partidazo

Ata en 3 ocasións meteuse por encima o Fisterra en Cee e acabou sucumbindo ante un Cee que non se deixou ir en ningún momento e foi respondendo a cada golpe fisterrán.

Foi un choque tremendamente igualado, en horario de mañá, e cun calor inusual que afectou o rendemento fisico dos xogadores. Os dous equipos querían mandar dende o principio pero era o Fisterra o que se faría con máis control do xogo intentando iniciar dende atrás e presionando arriba, mentres o Cee o intentaba con xogadas intermitentes pero máis efectivas. A tonica do partido foi que o Fisterra se adiantaba no marcador pero o Cee respondia casi de immediato co empate. Aarón, Christopher e Eze metían por diante aos fisterráns pero Samu, Chema e Alex puñan as táboas unha e outra vez.

Na segunda metade foi clave o traballo de Alex Agulleiro entrando por banda, facendo o empate a 3 e deixando o 4º en bandexa para Samuel, o tanto que daba a vitoria aos de Carlos Pazos sobre os rapaces de Eskío.

o Cee Xuvenil con Sergio Cambeiro O Cee puido adicarlle a vitoria a Sergio Cambeiro, convalecente dunha operación  

Xallas - Corcubión (9-0)

  • Campo: San Pedro.
  • Xallas: Koke, Héitor, Peque (Cambón, m.61), Raúl (Brais, m.61), Pablo, Alberto, Fran (Martín, m.53), Juanjo (Manu, m.61), Thiago, Carlos, Grille (Guillín, m.56).
  • Corcubión: Abel, Oca, Mesejo, Juan, Samu, Miguel, Cristian, Garea, Luís lojo, Antonio e Kevin. Tamén xogaron: Danilo, Roberto, Rafa e Daniel.
  • Goles: Goles: 1-0 m.17: Juanjo; 2-0 m.18: Carlos; 3-0 m.46: Grille; 4-0 m.58: Carlos; 5-0 m.59: Carlos; 6-0 m.64: Manu; 7-0 m.69: Thiago; 8-0 m.78: Carlos; 9-0 m.81: Thiago.

O Xallas cheira a campión

Aguantou o Corcubión, xa con efectivos suficientes, a primeira metade ante todo un Xallas, que demostrou que este vai quere manter o ritmo do ano pasado, que acabou a liga regular sen perder un só punto. O cadro de Carlos Lema tivo no porteiro Abel ao seu mellor xogador, pero non puido evitar a seria goleada.

Tras uns primeiros minutos de tanteo, o Xallas comezou a facerse co control e as ocasións para os xalleiros iríanse sucedendo co paso dos minutos.O equipo dirixido por Dani Calvete mostrábase superior pero os verdes non eran quen de superar a un gran Abel, que foi o mellor dos seus. Juanjo sería o encargado de abrir a lata ao convertir en gol un libre directo que superaría a Abel tras tocar nun xogador visitante. Tan só un minuto despois, Fran poñía en bandexa o gol a Carlos con un gran pase e este último superaba ao gardameta branquiazul no man a man. Trataría de respostar o cadro dirixido por Carlos Lema tras unha xogada individual de Luis Lojo pero a vaselina do “9” corcubionés marcharíase arriba por pouco. A raíz desta ocasión, o Xallas foi o amo e señor do partido e podería aumentar a súa renda no marcador pero os puntas non acertabam.

Pero nada máis voltar dos vestiarios, Grille resarcíase das oportunidades erradas durante a primeira parte, marcando o terceiro para os seus tras un pase de Carlos. Abel seguía freando aos xalleiros, mentres que na outra porta Luis Lojo puido recurtar distanzas nun contragolpe pero o seu lanzamento saldría cruzado de máis. A partir de aí, máis dominio verde e varios goles para sumar no taboleiro.

 

Montelouro - Esteirana (3-4)

  • Campo: Agra da Filgueira.
  • Montelouro: Joaquin, Caamaño, Antonio, Sergio, Jose, Adrián, Fran, Axel, Luís, Juan de Celia e Ángel. Tamén xogaron: Javi Costa, Bertín e Alexis.
  • Esteirana: Alex de Yi; Alex de Dina, Chaki, David de Noia, Anxo; Rubén (Manu), Xian, David do Sixto, Pachi (Dani); Íker e Jaime (Yeray) .
  • Goles: 0-1, m.7: Jaime; 1-1, m.19: Adrián; 2-1, m.38: Áxel; 2-2, m.51: Pachi; 2-3, m.52: Pachi; 3-3, m.58: Adrián de penalti; 3-4, m.79: Dani.

Dani, o porteiro suplente, o heroe goleador

Menudo derbi entre os equipos de Louro e Esteiro en Agra da Filgueira. Partido de tolos, con alternativas no xogo e no marcador, que puido caer de calquera lado, pero que se decantou do lado dos de Lodeiro (Pablo Serrano, que comezara con eles pasa a coidar os Cadetes), polo seu maior acerto cara gol, e polos erros dos locais tanto en ataque como en defensa.

Foi unha ida e volta, con varios momentos claves. Foi no primeiro cuarto de hora da segunda cando o cadro loureán tivo varios despistes que permitiu que os esteiráns lle deran a volta ao marcador. Adrián conseguía empatar, pero chegou o momento máis emocionante da tarde.

Co 3-3 no marcador, lesionábase o esteirán Pachi, e tiña que entrar Dani, o porteiro suplente, pois non lle quedaban máis cambios a Lodeiro. Foi el o protagonista do partido marcando o gol que daba a vitoria aos blaugranas!”.

Non lle puideron adicar os loureáns o triunfo ao seu míster Óscar Leis, que estaba no Hospital sendo pai por segunda vez. Parabéns para el.

 

Outes - Os Miúdos (1-0)

  • Campo: O Cunchido.
  • Outes: Alex, Joel, Alberto, Hortas, Gorgal, Saúl (Cartucho), Simón, Fabio (Sergio Nieto), Adán, Adrián (Fran) e Serxio.
  • Os Miúdos: Xandre, Xian, Isma (Miguel, m.76), Álex (Toni, m.60), Anxo, Jose, Manuel (Raúl, m.46), Gesto, Flavio (Bruno, m.67), Gael e Xavi.
  • Gol: 1-0, m.35: Serxio.

Pola mínima

Partido moi igualado o vivido no Cunchido. Saía o cadro local intentando combinar, pero era o cadro muradán o que apretaba máis e achuchar. Non había ocasións pero os visitantes estiveron máis enriba e tiveron máis o balón. Así e todo, o Outes non concedía en defensa un só despiste. Ademais, nunha das poucas chegadas, Serxio adiantaba aos locais cun tanto. Tivo Simón a ocasión de ampliar a renda dende os 11 metros pero Xandre lle fixo unha gran parada, e tapando moi ben a portería para que o rexeite só puidese ir ao pau.

Na segunda metade mellorou o cadro local, foise arriba, decidido a sentenciar, e tivo varias ocasións de gol que non acertaron, permitindo que a incertidume seguise no marcador ata o final.

 

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 3

 

Baio - Camariñas (2-1)

  • Campo: Platas Reinoso.
  • Baio: Julián, Queiro, Gavin, Javi Muíño, Souto, David, Miguel, Luís, Estefan, Santi e Manu Leal. Tamén xogaron: Iago, Alex, Alberto e Cedrón.
  • Camariñas: Brais Blanco, Daniel, Pablo Mouzo, Gabriel, Facundo (Juanito, m.80), Alex, Pablo Suárez, Joseba, Álvaro (Josiño, m.65), Brais Alonso e Brandon.
  • Goles: 0-1, m.34: Brandon; 1-1, m.46: Luís a pase de Estefan; 2-1, m.75: Estefan.

Repítese a historia

Vaille a marcha a este Baio Xuveníl 2016-17 en canto ó control dos encontros, cunhas primeiras partes desastrosas tanto en ataque como en defensa. Polo bando contrario, o Camariñas volveu sufrir un problema tamén reiterativo, pois dominiou por completo a primeira metade, creando ocasións e meténdose por diante, e acabou caendo.

O Baio non podía conter a velocidade dos homes de arriba dos camariñáns deixando ocos importantes, que os de Faus aproveitanban para facer dano. Polo bando contrario, o equipo de Roberto Lozano practicaba un xogo anárquico e descoordinado, demostrando ademais unha radical falta de contundencia defensiva. Así e todo, o marcador só reflexaba un 0-1, algo curto, tralo visto nos primeiros 45 minutos.

Cambio de guión na segunda metade, marcado polo afortunado gol nada máis saír dos vestiarios de Luís, que aproveita un pase de Estefan entre tres defensas, cruza o disparo tras una potente arrancada, coa fortuna de bater nun dos defensas e posteriormente no poste. Igualábanse as forzas, tanto no marcador como no campo.

O segundo tanto chegou no 76´ tras un rexeite aproveitado por Estefan, tampouco exento de fortuna, xa o remate no levaba moita potencia pero ía desviado de novo por un defensa camarinense. Os camariñáns intentaron o último esforzo en ban pois chegaría a primeira nova dun Baio que aínda ten moito que mellorar.

 

Ponteceso - Sofán (3-0)

Ponteceso xuv O Ponteceso xuvenil
  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Víctor, Brais, Iván Rodríguez, Aarón, Jorge, Lucas, Luca, Ismail, Eloy, Aday e Pop. Tamén xogaron: Alex, Damián, Iván Cousillas, David e Jose.
  • Sofán: Christian Rodríguez, Borja, Diego Pallas, Alex Fidalgo, Alberto Fidalgo, Dani Padín, Eloy Cabeza, Brais Rey, Gabi Mariño, David Dourado e Dani Bolón. Tamén xogou: Sergio García.<
  • Goles: 1-0: Luca; (descanso); 2-0: Luca; 3-0: Alex.

Por experiencia

Encontro moi traballado por parte dos dous equipos, cun Ponteceso que intentou levar o peso do partido tendo o balón, coma sempre lle gusta, e un Sofán que non tivo a intensidade de partidos anteriores. A pesar diso, na primeria metade tiveron dúas boas ocasións á contra para abrir o marcador os de Javier Cabeza pero perdoaron. Os de Gurita, que controlaban o choque, non chegaban con profunidade, pero na primeira que tiveron, Luca abría a lata.

Na segunda parte o Sofán saíu forte, e mesmo sufría a anulación dun gol aínda co 1-0 no marcador. A partir de aí, pegou un baixón físico e o Ponteceso aproveitou para ampliar a renda, se ben os visitantes tamén fallaron unha pena máxima.

 

Laxe - Corme (1-3)

  • Campo: Cabo dArea.
  • Laxe: Alex, Bruno, Manu (Álvaro), Niko, Enrique, Valentín, Santi, Solís, Íñigo, Samuel e Bieito.
  • Corme: Fran, Pandi, Ángel, Aitor, Cristian, Martín, Bruno, Mauro, Garrido, Manu Tasende e Manu Bermúdez. Tamén: Roque e Diego.
  • Goles: 0-1, m.30: Manu Bermúdez; 0-2, m.34: Bruno; 1-2, m.64: Santi de penalti; 1-3, m.76: Diego.

Volveu o derbi

Derbi que volve á categoría xuvenil con moita expectación por parte de todos os rapaces. O Corme demostrou ser aínda un punto superior, e soubo controlar o partido, e esperar o momento para atacar. Era un choque con moita igualdade no medio campo, co Laxe intentando subir liñas e o Corme moi ordenado e lanzando pases en profundidade. Así chegaron os tantos de Manu Bermúdez e Bruno facían unha fenda na defensa laxense marcando dous goles á media hora. Cando parecía que o Laxe se metía no partido co tanto de Santi de penalti (cometido sobre el mesmo), o Corme aguantou ben as embestidas e sentenciou pouco despois co gol de Diego.

 

Coristanco - Zas (4-3)

  • Campo: A Rocheira.
  • Coristanco: Alex, Cristian, Sergio, Álvaro, Espasandín, Carlos (David, m.24), Alex (Adrián, m.67), Iván (Bryan, m.71), Dani (Esteban, m.83), Castro e Anido.
  • Zas: Hadrián, Rubén, Lodi (Calo), Darío, Brais, Ismael (Madelin; Álvaro, Kevin, Adrián, Cristian (Adrián López) e Andrés.
  • Goles: 1-0, m.3: Carlos; 1-1, m.5: Rubén; 1-2, m.20: Álvaro; 2-2, m.24: Castro; 3-2, m.40: Diego Castro; 4-2, m.41: David; 4-3, m.45: Espasandín.

De regalo en regalo

Partido de poder a poder, bonito para o afeccionado, moi igualado, con tensión, lucha, e algunha que outra sorpresa. E sobre todo con moitos goles, máis por demérito defensivo que acerto atacante. O Coristanco saía con intensidade e pronto se atopou cun gol gracias aos erros da defebsa do Zas. Pero apenas dous minutos despois o regalo era do revés e Rubén empataba o choque.
O Zas pagou os erros e non soubo aguantar o 1-2 que conseguía no marcador aos 20 minutos. Pronto empataba Diego Castro que daba a volta ao marcador para o Coristanco antes do descanso, marcando dous goles nun só minuto para desesperación de Corredoira.

Durante os segundos 45 minutos o Zas foi arriba pero os de Eloy souberon manter a defensa ben gardada e non permitiron un empate que podería ter sido tamén xusto.

 

As Pedreiras - Cabana (4-0)

Pedreiras-Cabana-Foto-Cabana 2 Pedreiras-Cabana-Foto-Cabana
  • Campo: As Pedreiras.
  • As Pedreiras Xuv.: Benjamín, Pablo, Andrade (Ángel), Fidalgo, Kuki (Diego), Eloy, Jose, Alberto (Iván), Aarón, Brais, Cotelo (Rubén).
  • Cabana: Dario, López (Roberto), Rubén, Gonzalo, Steven, Julián, Álex (Martín), Ferreiro, Fernando (Breo), Alberto, David (Veiga).
  • Goles: 1-0, m.52: Cotelo; 2-0, m.56: Cotelo; 3-0, m.59: Brais; 4-0, m.79: Jose.
  • Expulsión: os cabaneses Rubén (m.40) e Veiga (m.80)

Expulsión clave

Partido marcado pola expulsión do cabanés Rubén ao fío do descanso, tras unha segunda tarxeta algo xustiña por unhas mans. Ata aí estaba sendo un choque moi disputado, con ocasións para os dous conxuntos.

A partir de aí o Cabana de Fernando tivo que dar un paso atrás, meteuse esperando buscando ás contras, pero o cadro de Rudi deu un paso adiante e foi polo partido e en apenas 15 minutos do comezo do segundo tempo caeron 3 tantos que setenciaron o partido. O Cabana sufría outro expulsado, este xustamente, pero o partido xa estaba decidido a prol dos de Verdillo, que levan unha estrea espectacular.

Pedreiras-Cabana-Foto-Cabana Pedreiras-Cabana-Foto-Cabana  

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Comentarios