Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O repóker de ases

Xuvenís: O repóker de ases
baio-corme-xuvenil-foto-fin-lema Imaxe do Baio-Corme-Foto-Fin Lema A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook 5 equipos (3 do Norte e 2 do Sur) collen vantaxe para meterse na Liguilla dos mellores cando quedan só 5 xornadas para chegar ao final desta primeira fase. Polo Sur a loita pola 3ª praza está máis viva que nunca. Co Cee e Xallas implacables (a pesar do sufrimento ceense para sacar a 11ª vitoria en 11 partidos), a derrota do Fisterra en Castriz deixa ao Outes a só un punto por debaixo desa 3ª praza e cun partido menos. Ademais, a Esteirana está a 4 e o Muxía a 5 dese podio. Polo Norte, parece que escapan 3 equipos. A vitoria do Ponteceso sobre o Cabana e a derrota do Corme en Baio deixa ao tridente de arriba (Pedreiras, Ponteceso e Coristanco) algo máis destacados.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 13

 

Xallas - Fisterra (2-0)

  • Campo: San Pedro.
  • Xallas: Coke, Danis, Peke (Héitor), Pablo, Martín (Raúl), Juanjo, Alberto, Thiago, Fran (Guillín), Grille (Cambón) e Carlos.
  • Fisterra: Aarón, Cris, Jf, andres, Papin, Manu, Pichino, Alex, Aarón, Asier.
  • Goles: 1-0, m.60: Thiago a centro de Grille; 2-0, m.81: Alberto dende a fronta.
Con 10 se presentou o Fisterra en Castriz por mor do curto plantel co que conta Eskío e pola imposibilidade de levar cadetes. Pero vendeu cara a súa pel o cadro fisterrán que chegaba cas ideas moi claras, defendendo moi atrás e intentando saír á contra ou pescar algo a balón parado. O Xallas tiña o dominio pero apenas creaba perigo ante a ben colocada defensa fisterrá. Non foi ata o min.60 cando Thiago abriria a lata nun centro de Grille que remataría moi ben no segundo pau. Tocaba estirarse ao cadro fisterrán e mesmo tivo unha moi clara o Fisterra a balón parado pero Coke faría unha gran parada na única intervención que tivo. Alberto faría o 2-0 dende a frontal á saída dun córner.  

Muxía - Corcubión (2-0)

  • Campo: Arliña.
  • Corcubión: Abel, David, porto, Diego, Carlos, Juan, Luís Lojo, Samu, Antonio, Mesejo e Danilo. Tamén xogaron: Miguel, Rafa, David Oca, Dani e Kevin B.
  • Muxía: Hugo, Fran, Marce, Gusa, Rodri, Xan, Mario, Toja e Josiño.
  • Goles: 1-0, m.50: Xan; 2-0, m.55: Toja.
Con 9 xogadores gañou o Muxía ao Corcubión… Non foi quen o Corcubión de aproveitar a superioridade numérica durante 90 minutos. Xa dende o comezo o Muxía demostraba que ía pelexar pola vitoria, e aos poucos minutos mandarían ao pau un penalti e un tiro de Mario. Antes do descanso Abel sacaría unha man tremenda a tiro de Gusa para salvar outra vez o seu equipo. Foi ao comezo da segunda metade cando o Muxía rompería o partido con 2 goles case seguidos de Xan e Toja. A partir de aí o Corcubión intentouno con disparos lonxanos que non facían demasiado dano a Hugo.  

Montelouro - Os Miúdos (2-2)

  • Campo: Agra da Filgueira
  • Montelouro: Xandre, Caamaño, Javi, José, Sergio, Airam, Bertín, Ángel, Joaquín, Luís e Juan de Celia. Tamén xogaron: Felipe, Alexis e Juan de Lariño.
  • Os Miúdos: Gabriel, Pipo (Tajes), Dani, Fabio, Anxo, Raúl (Rubén), Jose (Sergio), Xavi, Gael (Bruno), Gesto e Sieira (Fran).
  • Goles: 0-1, m.8: Sieira; 1-1, m.24: Juan de Celia; 1-2, m.40: Sieira; 2-2, m.88: Ángel.
  • Expulsión: o visitante Anxo (m.50).
Vivido derbi, nun partido con moitas ocasions para os dous lados, a pesar das numerosas baixas por ambos bandos. Adiantaba pronto Sieira aos muradáns, agora nas mans de Manolo Camelle. Pero pronto empataba, dende o medio campo, Juan de Celia, na súa volta aos terreos de xogo despois do susto protagonizaba hai un par de semanas. Antes do descanso Sieira volvía poñer en vantaxe aos visitantes, o que fixo que na segunda metade os loureáns estirasen lixeiramente filas. Ademais contaron coa expulsión dun xogador dos Miúdos que fixo que o último treito se xogase na parte no campo visitante, ata que Ángel empataba pouco antes do pitido final.  

Cee - Esteirana (3-2)

  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Cee: Jose Carlos, Brais Lagoa, Senlle, Xavi, Borja, Castillo, Alex Agulleiro, Hugo, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Carlos, Brais Díaz, David, Xabi e Saulo.
  • Esteirana: Dani, Anxo, Chaki, Kevin (Álex de Yi), David de Noia, Álex de Dina, Xian, Carajillo, Pachín (Fari), Roberto (Benji) e Iker.
  • Goles: 1-0, m.28: Alex; 2-0, m.42: Isma; ; 2-1, m.52: Carajillo; 3-1, m.68: Alex; 3-2, m.71: Íker.
Partido moi intenso o vivio en Cee no que a Esteirana fixo sufrir a un líder que suou sangue para manter a imbatibilidade. Comezou a Esteirana mandando un balón ao poste, pero pouco despois era o Cee o que si materializaba a súa por medio de Álex Agulleiro, de novo protagonista. Ese gol permitiría asentarse ao cadro local que mandaría no xogo, e Isma facía o segundo antes do descanso coa axuda do porteiro esteirán. Seguía dominando o Cee na segunda ata que o tanto de Íker a falta de 20 minutos, enchía de fe aos blaugranas. Foron arriba e meteron en apuros a todo un líder, pero non conseguirían concretar as ocasións para a igualada.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 13

 

Pedreiras - Camariñas (5-1)

  • Campo: As Pedreiras
  • San Lorenzo: Benjamín, Pablo, Andrade, Alex, Fidalgo, Iván, Jose (Kuki), Alberto (Rubén), Aarón (Diego), Brais (Esmorís) e David (Cotelo).
  • Camariñas: Manuel, Brais, Pablo Mouzo, Gabriel, Alex, Joseba, Pablo Suárez, Josiño, Facundo, J. Francisco e Álvaro. Tamén xogaron: Eloy, Juan e Luís.
  • Goles: 1-0, m.20: Brais; 2-0, m.42: Brais; 3-0, m.43: Aarón; 4-0, m.60: Brais; 5-0, m.70: Rubén; 5-1, m.75: Álvaro.
Dominio do poderoso líder ante un Camariñas que comezaba esperando atrás para poder saír á contra. Estaba defendendo ben o equipo camariñán, sen pasar demasiados apuros a pesar de que o partido xogábase no seu campo. Pero comezaron os erros (non están os xuvenís da zona acostumados a ese verde natural das Pedreiras) e nunha saída o meta camariñán esvaraba e permitía o primeiro gol local. Non se descompuxeron os de Faus pero dous goles seguidos antes do descanso finiquitaban o partido. Sobrou a segunda metade, con menos intensidade, dous goles máis para os de Rudi e o gol da honra no treito final para os azuis.  

Laxe - Zas (2-3)

  • Campo: Cabo Darea.
  • Laxe: Iván, Bruno, Samuel, Miguel, Nico; Santi, Bieito, Lolo, Solís; Valetín e Borja (Daniel). Tamén: Anxo, Álvaro, Fabio e Daniel.
  • Zas: Hadrián; Ruben, Calo (Dani Mato), Lodi, Brais, Ismael; Cristian, Adri (Veleta), Kevin, Madelin; Andrés.
  • Goles: 0-1, m.55: Lolo; 1-1, m.61: Andrés; 2-1, m.67: Cristian ; 2-2, m.75: Santi; 2-3, m.79: Dani Mato.
  Triunfo moi traballado do Sporting ante un Laxe que vendeu cara a súa derrota e que puido empatar a tres minutos do final nun penalti que lanzou fose o seu mellor xogador, Álvaro. O primeiro tempo foi frouxo, con dominio alterno e poucas ocasións de gol, rompéndose o partido tralo primeiro gol local e a réplica visitante ata voltear o marcador. Volvía a empatar o Laxe e terminaría gañando con sufrimento o Sporting Zas gracias a ese penaltio fallado no último suspiro.  

Ponteceso - Cabana (2-1)

xuv-ponteceso-firstrealOs Xuvenís do Ponteceso agradecendo o regalo de Gillette dunha cuchilla de afeitado para todas as categorías base e senior
  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Iván Rodríguez, Aarón, Eloy, Aday e Loureiro. Tamén: Lucas, Víctor, Davud, Brais e Pop.
  • Cabana: Darío, Nando, Rubén, Gende (López), Steven, Julián, David (Yago), Ferreiro, Jose Ángel, Álex Lema (Veiga).
  • Goles: 0-1, m.1: José Ángel; 1-1, m.44: Iván Rodríguez coa axuda dun defensa, case que en propia meta; 2-1, m.75: Aday de penalti.
Fermoso derbi bergantiñán, moi intenso e disputado, con dous grandes equipos, e que permite ao Ponteceso alonxar ao Cabana na loita por meterse entre os 3 primeiros. Comezou o Cabana máis enchufado e nada máis saír aproveitaba Jose Ángel un erro do meta local para facer o seu 13º tanto. A partir do cuarto de hora espabilou o Ponteceso que collía o balón, como gusta. Chegaría o empate xusto antes do descanso cun tanto case que en propia meta tras unha falta botada por Iván Rodríguez. Comezaba a segunda metade moi aberta. Unha man tras un rebote era considerada penalti e Aday non perdoaba. A partir de aí estirouse o cadro cabanés que tivo dúas boas ocasións para acadar o empate, pero aí estivo o meta Damián para salvar a vitoria aos de Gurita.  

Coristanco - Sofán (4-0)

  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Alexander, Jorge, Álvaro, Cristián, Sergio, Dani, Álex, Iván, Jose, Castro e Anido. Tamén xogaron: Braian, Esteban e Mirchu.
  • Sofán: Christian, Alex Fidalgo, Diego Pallas, Eloy Cabeza, Alberto, Dani Padín, Gabri, Nacho Eirís, Sergio, David Dourado e Brais Rey. Tamén: Adrián, Dani Bolón, Iván, Pardiñas e Martín Vázquez.
  • Goles: 1-0, m.29: Anido; 2-0, m.43: Anido; 3-0, m.62: Castro de penalti; 4-0, m.75: Álex de penalti.
Resultado demasiado abultado co que remataba na Rocheira tras un partidazo tremendamente competido e igualado. A primeira metade foi moi disputada, con dous equipos que facían ocasións. Non estiveron atinados os de Javier Cabeza, pero Anido si que foi determinante con dous goles antes do descanso. Saía forte a SD na segunda pero seguían sen acerto, e mesmo pedían unha pena máxima. Pero foron tres os penaltis que sinalou o colexiado a favor dos locais, que acabaron por sacar do partido aos sofanistas. Christian foi quen de parar unha pena máxima pero os seus compañeiros fallaron outro penalti.  

Baio - Corme (4-0)

  • Campo: Pratas Reinoso.
  • Baio: Cedrón, Iago, Manu Leal, Javi Muíño, Gavín, Sergio, Souto, Mohedano, Santi Moreira, Regueira e Lúis Eiroa. Tamén: Queiro, Fuentes e Ayoub.
  • Corme: Lucas, Manu Porteiro, Cristian, Fran, Ángel; Manu Garrido, Javi, Martín, Manu Bermúdez; Aitor e Manu Tasende. Tamén xogaron: Mauro, Diego, Bruno, Roque e Noel.
  • Goles: 1-0, m.40: Manu Bermúdez en propia; 2-0, m.69: Mohedano; 3-0, m.88: Sergio; 4-0, m.89: Sergio.
Foto-Fin Lema Foto-Fin Lema Podería considerarse de relativa sorpresa a goleada baiesa a un Corme que pelexa polo podio. O partido máis completo dos de Roberto Lozano coincidiu cun dos choques con menos sorte para os cormeláns, como o ratificaba o primeiro gol, ao fío do descanso, do capitán Manu Bermúdez, pero en propia meta despois do despexe do porteiro cormelán. Foi o peche a unha primeira metade igualada. Puido Santi marcar o segundo antes do descanso, pero o seu lanzamento foise fóra. No segundo tempo, o Baio plantouse ben atrás concendendo poucas oportunidades aos visitantes de achegarse á meta de Cedrón, e o gran traballo defensivo, (no que destaca a cotundencia e concentración dos centrales Fran e Javi, que a medida que van pasando as xornadas se entenden cada vez mellor) deu os seus froitos en ataque. David Mohedano aproveitaba un rexeite do porteiro para fusilar a meta cormelana e sentenciar o partido. E xa case que co tempo cumplido, chegarían dous goles máis para o Baio obra de Sergio, o primeiro tirando a colocar á escuadra desde fóra da área, facendo inútil a estirada do porteiro; e o segundo logo dun córner ensaiado, rematando de cabeza un centro de Josiño.  

Crónicas das Ligas Xuvenís

<

Máis información

Comentarios