Xuvenís: Os favoritos seguen situándose
Nova xornada das Ligas Xuvenís, e xa van 6. A iguadaldade segue sendo a protagonista, sobre todo polo norte, pero os favoritos seguen colocándose ben arriba.
Imos repasando por Grupos a xornada, destacando os partidos da xornada, un novo empate sen goles entre Dumbría e Cee e a vitoria do Cabana ante o Baio.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 6
Sufríu o líder, o XSC para manter o liderato. I é que enfronte tivo a un Mazaricos que puxo durante moitos minutos aos de Huelvis contra as cordas. Ben armados atrás os mazaricáns se meteron por diante, non sen antes ver como Marquiños marraba un par de mans a mans claros. O cadro xalleiro tivo que combinar moitoante un cadro amarelo moi ben colocado. Con paciencia, foi chegando a meta e tirou da calidade do propio Marquiños que desequilibrou a contenda dende a banda dereita forzando a expulsión dun defensa visitante e marcando o empate cando só faltaban 10 minutos. Foi outra das figuras xalleiras, Dani Martínez, o que completou a remontada xa case co tempo cumplido cunha gran xogada persoal.
Queda agora o XSC imbatido con 16 puntos, e o Mazaricos con 12. Por diante, con 15 puntos, mantense o Fisterra, que mallou nun Outes que se deixou levar tras recibir os primeiros tantos.
O Dumbría completa o trío de cabeza que daría paso á seguinte rolda, con 13 puntos, tralo empate ante un Cee tremendamente sólido pero con algo de escaseza arriba.
Un que resucitou a costa dun Corcubión completamente desquiciado pola falta de efectivos foi o Muros. Ademais, a Esteirana tamén aproveitou a debilidade do Soneira para sumar os seus primeiros puntos, deixando ao Soneira como único equipo da categoría sen estrear o taboleiro dos puntos.
Dumbría - Cee (0-0)
- DUMBRÍA: Rubén, José (Adrián Ozón, min.74), Samuel (Carlos, min.87), Alex, Castro, Lucas, Alex Siaba (Rafa, min.88), Martín (Edu, min.68), Javi, Toja, Kevin (Roi, min.63).
- CEE: Paulo, Jesús, Martín, Aitor, Tonecho (Carlos Leis, min.83), Tebo, Benlloch, Esteban, Pablo (Mario 87, min.89), Nano (Andrés, min.64), Lamela (Cibrán, min.85).
Partido duro, trabado, e sen demasiado toque nin ocasións o visto no Conco. O Cee está a prantexar unha defensa tremendamente sólida e non permite que os rivais despleguen o seu xogo.
O Dumbría intentaba tocar algo máis pero o medio campo pasou inadvertido. Apenas houbo ocasións claras e se os visitantes pediron un penalti sobre Pablo e os locais tiveron nas botas de Rafa un man a man que saíu lambendo o pao.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 6
Ponteceso, Malpica e Cabana toman posicións tras esta xornada, que colleitou un fermoso partido nas Redondas, que deixa ao Baio a 3 puntos pero cun partido menos. Líder mantense o Ponteceso, tras superar o venres a un Laxe que viña con bastante forza. Os laxenses guantaron a primeira metade pero os de Mato comezaron a carburar na segunda e mereceron a vitoria.
O Malpica está a 1 punto dos pontecesáns tras superar ao Coristanco (5º a só 4 puntos do líder) nun choque complicado, que os de Piña resolveron na segunda metade gracias ao acerto de Juny e M. Maradona. O Coristanco fixo unha gran primeira metade pero estiveron algo romos en ataque e acabaron pagando a falta de eficacia.
O Corme vencía con apuros ao Muxía mentres que o Camariñas conseguía a súa primeira vitoria a costa dun Zas que non é o do ano pasado.
Cabana - Baio (3-1)
- CABANA: Adrián, Duda, Dani, Laik, Jonathan, Moreno (Redondo), Pablo, Alex (Samuel), Aless (Pablito cadete), Martinho (Christian Fuentes), e Iván (CV15).
- BAIO: Guillermo, Silvariño, Pablo, Xoel, Farruco (Pedro, min.75), Kevin, Fachal, Carlos (Ío, min.65), José Manuel, Lucas, Santi Díaz (Álvaro, min.60).
- Goles: 1-0, min.12: Iván; 1-1, min.25: Santi Díaz de penalti; 2-1, min.30: Iván; 3-1, min.55: Aless.
- Expulsión: Silvariño no min.10.
- Lesións: os baieses Santi Díaz e Farruco.
Partidazo na Redondas ante un grab ambiente para ver dous dos favoritos a estar arriba. O Baio acodía conserias baixas, como o goleador Cristian, con problemas nas costas, ou o medio David; e acabou coa enfermía chea e nin Santi Díaz nin Farruco poderán xogar a vindeira xornada. Tamén o Cabana ten algunha baixa importante como é a do meta Sergio Aranzubía por un mes cunha rotura do quinto metatarsiano.
Comezaba o partido e aos 10 minutos chegaba a xogada clave. O defensa baiñes Silvariño era expulsado e quedaban 80 minutos con 10. Conseguía empatar o Baio de penalti pero antes do descanso o Cabana se volvía poñer por diante.
Saíu o Baio apretando arriba na segunda metade o que propuxo que os locais tivesen varias contras para sentenciar. Asinou unha Aless pero puideron convertir algunha máis de non ser por Guillermo. Por bando baiés tamén tiveron ocasións para recurtar e ata 4 balóns á madeira enviaron os Fachal, Álvaro, Santi Díaz e Lucas.
Máis información
Máis información
Crónicas de Xuvenís
- Xornada 5: Xuvenís: Empate a 0.
- Xornada 4: Os favoritos toman posicións.
- Xornada 3: O XSC embálase no sur e a igualdade reina no norte.
- Xornada 2: Moita igualdade no comezo da campaña.
Crónicas da semana
- 3º Autonómica: Porteño e Camelle aproveitan o descanso do Independiente.
- 2ª Autonómica: Igualdade máxima.
- 1ª Autonómica: Un derbi de empate.
- Preferente: Un empate e gracias.
- Resultados do #futboldaCosta na primeira fin de semana de outubro.
Artigos deportivos
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Javito.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón, con Héctor Pose: Manolo… Manolo Casal.
- Alberto Pose: Crise no fútbol da Costa?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Sergio Aranzubia, o Unión Club Cee e o blog do Malpica de Luís E. Porto.