![Os Miudos son lideres da Liga Xuvenil]()
Así estaban Os Miúdos tras vencer ao Fisterra e alzarse líderes da Liga Xuvenil
O partidazo da xornada desputábase no Eleuterio Balayo, onde pequenos detalles decantaron o liderato da Liga Xuvenil. Os Miúdos superaron a todo un Fisterra, e quedan como líderes en solitario aproveitando que o poderoso Corme (que dou conta, con certos apuros) do derbi ante o Ponteceso, ten un partido menos. Queda agora o Fisterra a un punto dos muradáns, mentres parece que o Cabana recupera a boa senda e o Soneira mantén unha liña positiva.
Sofán - Esteirana (2-1)
![Sofan Xuvenil]()
Sofan Xuvenil
- Sofán: Christian, Dani, Docampo, Adrian, Nacho, Eloi, Diego, Kevin, Cuadrado, Nachete e Rial. Tamen xogaron: Sebas, Fabian, Gabri, Aaron, Cristian.
- Esteirana: Joaquí, Farinós (Dani), Kevin, Chaki, David de Noia (Alex); Benji (Priegue), Juan Caldebarcos (Rodri), Dina (Juan), Xián, Carajillo e Robi.
- Goles: 1-0, m.30: Kevin; 2-0, m.42: Kevin; 2-1, m.65: Priegue.
![Plantel da Esteirana]()
Plantel da Esteirana
Foi clave o debut de Kevin, procedende da SD Tordoia, marcando os dous tantos do cadro sofanista, que a pesar das baixas de David e Simón, puido cambiar o rumbo co que viñan os dous equipos.
Comezaba o partido coa Esteirana dominando o balón ante unha SD ben agazapada e sacando perigo nas contras. Un Sofán que tamén facía dano a balón parado, e así facían o primeiro á media hora e o segundo, nunha contra a piques de chegar ao descanso.
Na segunda síu a Esteirana máis arriba, e non deixaba saír ao Sofán do seu campo. Pero a defensa estaba segura e só Priegue foi quen de recurtar no marcador. Nos últimos minutos tanto puido ter chegado o empate como a sentenza pero o partido esmoreceu con emoción, e os puntos quedaron no Carral.
Outes - Xallas (3-2)
- Outes: Antón (Siro, m.25), Fabián, Joel, Perol (Cartucho, m.45), Christian, Kevin, Único, Ángel (Rubén, m.75), Stefan (Ryan, m.45), Ramón e Fran Lires.
- Xallas: Brais Espasandín, Iván Amarelle, Fernando, Iván Caamaño, Héitor, Víctor Espasandín, Adrián López, Pablo Facal, Barbeira, Kevin e Fabián Amarelle. Tamén: Brais Calvo, Brais Blanco, Adrián Mourelle e Guillín.
- Goles: 1-0, m.15: Fran Lires; 1-1, m.34: Adrián; 2-1, m.47: Kevin; 3-1, m.85: Ryan; 3-2, m.90: Guillín.
![Imaxe do Outes-Xallas]()
Imaxe do Outes-Xallas
Mal partido no Cunchido, con moita precicipitación e imprecisións que puido ter rematado en empate. O choque comezaba con respecto, e o marcador na primeira metade acababa 1-1, gozando o equipo local de máis profundidade atacante. Na segunda parte adiantaríase o Outes pronto pero o Xallas collía o mando do partido, creando moitas ocasións de gol. Pero non entraban nin os man a man con Siro nin os remates a porta baleira. Así, preto do final Ryan facía o 3-1, e Guilín recurtaba nos mellores momentos do Xallas, pero que quedou sen tempo para lograr o que sería un xusto empate.
Zas - Soneira (2-5)
![]()
11 do Zas
- Zas: Pereiras; Adrián, Pablo, Xabier (Rojo), Juan; Darío, Raúl; Fariña, Sixto (Roi), Pedro (Unai); C. Tomé.
- Soneira: Chris (Pisony min.61), Ángel, Chasko (Dami min.58), Chimi (Santi min.78), Rauliño, Lucas, Alex, Edgar (Nico min.37) Cris Canosa, Sergio e Fran.
- Goles: 0-1, m.22: Alex; 0-2, m.58; Sergio; 1-2, m.66: Darío; 1-3, m.78: Fran; 1-4, m.80: Fran; 2-4, m.82: Christian Fariña; 2-5, m.86: Cris Canosa.
![Soneira Xuvenil 18-19]()
Soneira
Triunfo xusto dun Soneira que soubo aproveitar as súas ocasións e os erros defensivos dun Sporting que segue pagando a inexperiencia dos seus xogadores. O partido estivo equilibrado ata o 4-2, que se rompeu ao lado dun Soneira máis experimentado e que non deu opcións á sorpresa, terminando cun tanteador excesivamente duro para o xogo desenvolvido por ambos equipos ao longo dos 90 minutos.
Saía o Soneira durmido e pronto levaría un bo xusto xa que unha pérdida na saída de balón deixa a Christian Tomé diante de Chris e este salva no man a man e o rexeite mándao fóra. A partir da aí o Soneira empeza a entrar no partido e Sergio manda un zapatazo dende fóra da área ao que responde cun paradón o meta local Pereiras. Nun saque longo de portería Fran colle o balón e tras regatear de 3 defensores pon un bo balón para que Álex faga o 0-1.
A partir de aí chega un carrisel de ocasións do Soneira pero o pau ata en 3 ocasións impide que o resultado sexa maior o descanso.
Tras a volta do descanso o Sergio faría o segundo do Soneira tras unha boa xogada colectiva e un bo pase de Fran. O Soneira relaxaríase e o Zas recurtaría o marcador cun golazo de fóra da área de Darío meténdose no partido. Pero o Soneira espertaría e Fran mandaría outros dous balóns o pau e pouco despois marcaría dous goles seguidos en apenas dous minutos, corraborando o seu gran partido. Un mal despexe da defensa soneirán deixa o balón o borde da área para que Christian Fariña recurtase distancias cun bo disparo. Sergio mandaría fóra un man a man co meta local e antes de finalizar o encontro Cris Canosa mataría o encontro.
Ponteceso - Corme (0-2)
- Ponteceso: Íker,; Martín (Pop, m.60), Adrián, José, Raú, Pablo Sánchez; Diego Pereira, David Castro, Roberto, Borja (Rubén, m.75); Diego Álvarez.
- Corme: Lucas, Alex Nieto, Noel, Ángel, Eloy Villar, Javi Bermúdez, Mauro, Manu Garrido, Alex Mato, Samu e Martín Costa. Tamén: Xoel, Méndez, Manu Cancela, Manu Tasende e Miguel.
- Goles: 0-1, m.2: Javi Bermúdez; 0-2, m.85: Samu.
![Ponteceso-Corme de xuvenis-Foto-Fin Lema]()
Ponteceso-Corme de xuvenis-Foto-Fin Lema
Intenso e derpotivo derbi pontecesán, que comezaba cos equipos coas ideas claras. O Ponteceso, consciente do potencial cormelán, saíu ben armado atrás, deixando o dominio ao cadro azulón. Nada máis comezar un erro da defensa local permitía a Javi Bermúdez abrir o marcador. A primeira meta transcorría sen riscos, co mesmo guión e cun Corme dominando pero sen poder traspasar a tela de araña local.
Non variou o partido na segunda, se ben o Ponteceso intentou estirarse un pouco máis, pero con dificultades para chegar á meta de Lucas. Non foi ata 5 minutos antes do final cando o poderoso Corme sentenciaba o choque.
Queda o Ponteceso sen un só punto na táboa pero coa sensación de que vai competir mellor a partir de agora.
![Deportividade no derbi pontecesan-Foto-Fin Lema]()
Deportividade no derbi pontecesán-Foto-Fin Lema
Os Miúdos - Fisterra (4-1)
- Os Miúdos: Balayo, Ángel, Gesto, Dani, Fran, Abel, Flavio, Isma, Jesús, Jose e Rubén. Tamén xogaron: Pipo, Xian, Alonso, Antón e Angel Sanandres.
- Fisterra: Breo, Diego (Manu, m.46), Ángel, Rui, Benlloch, Cristopher, Alex (Mario, m.46), Aarón, Miguel, Xan Xixo (Oliver, m.65) e Puyol.
- Goles: 1-0, m.21: Jose de fermosa volea tras unha deixada de peito de Rubén; 2-0, m.25: Rubén de penalti; 2-1, m.40: Xan Xixo de volea dende a frontal; 3-1, m.77: Jose a pase de Rubén; 4-1, m.89: Alon notura asistencia de Rubén.
![Convocatoria do SD Fisterra juvenil a semana pasada]()
Convocatoria do Fisterra a semana pasada
Partido tenso e igualado no Eleuterio Balayo, marcado por pequenos detalles, ao que o cadro fisterrán chegaba con moitas baixas pero non puido cambiar o partido de data. Detalles que para o conxunto fisterrán se deberon en boa medida á actuación arbitral, mentres que para o lado local se deberon ao bo facer dos muradáns.
O choque comezaba cun Fisterra algo mandón, pero os rápidos dianteiros muradáns facían moito dano, xa dende o comezo, buscando balóns longos ás costas da defensa verde. Así chegaría o tanto que abría o marcador. O cadro muradán sentíase cómodo, cedendo o control e sacando boas embestidas. Noutra chegada antes de cumplirse o minuto 25, o colexiado sinalaba mans dentro da área (os visitantes sinalan que estaba pegada ao corpo), e Rubén non perdoaba dende os 11 metros.
O Fisterra, tras varios minutos descolocado, metíase de novo no choque e recurtaba antes do descanso nunha das poucas chegadas que tivo no primeiro tempo.
Continuaba o guión, co Fisterra dominando territorialmente ante un cadro local ben sólido atrás. Christofer e Rui tiveron ocasións para empatar pero nun caso o meta Balayo e noutro o longueiro impedírono. E a 15 do final, nun roubo en zona de iniciación do Fisterra (coa man segundo os verdes), Rubén deixaba só a Jose que facía o 3-1 e mataba o partido. Xa co partido entregado, Rubén volvía demostrar a súa calidade deixando o 4-1 para Alon.
Laxe - Baio (0-8)
- Laxe: Manuel Pablo, Bieito, Adrián Fdez., Tajes, Rubén Sánchez, Rubén Amarelle, Iago, Álvaro, Suso, Borja e Ángel. Tamén: Iván, Borja de Pinho, Adrián Suárez.
- Baio: Íñigo; Miguel, Ariel, Yago, Tinciño; Samuel (Adrián, m.46), Pose, Raúl, David Mohedano; Pablo e Torrado (Manuel María, m.50).
- Goles: David Mohedano (3), Raúl (3), Tinciño e Pablo.
Pouca resistencia opuxo este Laxe que aínda non sumou un só punto no que vai de competición, ao igual que o Ponteceso.
Cee - Cabana (0-6)
- Cee: Xacobe; Tomás, Fanián, Xavi, Jesús, Xan, Alfredo, Sergio, Hugo, Xulián e Iago. Tamén: Julio, Damián, Alex e Dani.
- Cabana: Manuel, Eloy (Cristian), Brais (Alex), David, Dani, Samuel, Roberto, Castro (Naim), Manuel, Simón, Rubén.
- Goles: Manuel (2), Rubén (2), Roberto e Simón.
![Cabana Xuvenil en Cee]()
Cabana Xuvenil en Cee
Comezaba o Cabana a favor de vento no San Paio de Refoxos e non permitiu ao Cee saír do seu campo.O Cee chegaría un par de veces pero o Cabana estaba serio en defensa e afinado en ataque, marchando 0-4 ao descanso.
Bo partido dos cabaneses, ademais acompañados por bastantes cadetes que deron o do de peito.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/dumbria-lider-liga-galega-cadete/
https://quepasanacosta.gal/xuvenis-un-equipo-menos-por-abaixo-corme-e-fisterra-xa-mandan-por-arriba/