domingo. 01.12.2024
El tiempo

Xuvenís: Só dúas loitas pendentes

Xuvenís: Só dúas loitas pendentes
Imaxe do Zas - Cabana - Foto-Cabana Imaxe do Zas - Cabana - Foto-Cabana A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook Quedan 3 xornadas para o remate da primeira fase. Con 4 equipos xa metidos na Liguilla Previa á Fase de Ascenso, quedan as loitas polas 3ª prazas dos dous grupos. Polo Norte, un Coristanco en mal momento recibe a vindeira semana a un Corme que de vencer se pode meter na pelexa. Polo Sur, Outes e Fsterra prometen unha fermosa loita co choque da penúltima xornada en Ara Solis como punto quente.  

1ª Xuvenil, Grupo Sur, xornada 15

Muxía - Esteirana (3-1)
  • Campo: Arliña
  • Muxía: Hugo, Fran (Iván, m.60), Juan, Marce, Gusa, Cristian, Tomás, Xan, Rodri, Toja e Josiño.
  • Esteirana: Álex, Anxo, Neira, Adrián, David, Alex Martínez, Carajillo, Benja, Xián, Manu e Álvaro. Tamén: Dani, Róber, Roi e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.15: Tomás tras un pase filtrado de Josiño; 2-0, m.25: Josiño tras unha boa xogada de Toja e Xan; 2-1, m.40: Carajillo; 3-1, m.65: Josiño tras unha xogada colectiva.
muxia-en-arlina O partido estuvo moi marcado polo vento, como o exemplificou un saque de porteiro que acabou en córner. Na primeira parte, co vento en contra, o Muxía, xogou ben as súas cartas e en 10 minutos sentenciou o partido. O cadro de Romaní saía co balón xogado, e facía rápidas paredes que desfacía a resistencia visitante. A Esteirana non supo aproveitar o vento a favor, dispoñendo Carajillo de tres claros man a man, dos que só materializou un antes do descanso Na segunda, a Esteirana non pasaba do medio campo ante un Muxía máis cómodo, que sentenciaba.   Cee - Montelouro (8-1)
  • Campo: San Paio de Refoxos.
  • Goles: Pablo (3), Samuel (2), Xabi, Rubén Xavi para os ceenses. Anxo para os visitantes.
Partido con pouco interese, con moitas baixas nos dous equipos, máis sufridas as isitantes. O partido foi dominado polos locais, que aproveitaron que os muradáns quedaron con 10 para endosar un resultado abultado.   Xallas - Os Miúdos (4-0)
  • Campo: San Pedro.
  • Xallas: Coke, Danis, Pablo, Raúl, Peke (Cambón), Alberto, Fran, Juanjo (Héitor), Gullín (Mosti), Grille e Carlos.
  • Os Miúdos: Balay, Xesto, Xián, Jose, Anxo, Gael, Tajes, Sieira, Xavi, Raúl e Flavio. Tamén: Josiño, Miguel, Sergio e Bruno.
  • Goles: 1-0, m.25: Carlos de media chilena; 2-0, m.60: Juanjo; 3-0, m.70: Danis tras un córner botado por Peke; 4-0, m.74: Carlos a pracer tras un xogadón de Grille por banda esquerda.
Mal partido do equipo de Manu Camello ante un poderoso Xallas. Aínda así e malia que os xalleiros saíron achuchando, o cadro muradán aguantou, ben prantados, a primeira parte, intentando roubar en medio campo para saír rápido á contra. Sen moitas ocasions na primeira parte, só Carlos acertou co gol, golazo en semichilena dende a frontal a un centro de Danis. Despois do descanso saiu enchufadisimo o Xallas e nunha xogada combinativa Juanjo rompe as liñas e prántase só diante do porteiro e define con tranquilidade. Este gol e a lesión do diantero muradán Javi Sieira, que estaba a ser seu mellor home, fixo que os Miúdos baixaran un pouco os brazos e os verdes dominaron a pracer. Os últimos minutos deixaban un novo tanto do pichichi xalleiro Carlos tras un xogadón de Grille.   Outes - Corcubión (8-1)
  • Campo: Cunchido
  • Outes: Álex (Siro), Alberto, Joel, David Hortas, David Gorgal, Saúl, Simón (Jairo), Adán (Jose), Fabio (Álvaro), Adrián e Sergio (Sergio Nieto).
  • Corcubión: Abel, David, porto, Jose Angel, Carlos, Juan, Luís Lojo, Samu, Antonio, Mesejo e Dani. Tamén xogaron: Oca, Danilo, David Oca e Kevin B.
  • Goles: 1-0: Adrián, 2-0: Adán, 3-0: Fabio, 4-0: Adán, 5-0: en propia meta, 6-0: Simón, 7-0: Simón: 8-0: Álvaro; 8-1: Antonio.
Partido sen historia resolto na primeira metade.  

1ª Xuvenil, Grupo Norte, xornada 15

Coristanco - Camariñas (2-3)
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Alexander, Espasandín, Varela, Jorge, Sergio, Álex, Dani, RR, Iván, Anido e Castro. Tamén xogaron: Álvaro, Jose, Cristian e Braian.
  • Camariñas: Manuel, Facundo (J. Francisco), Brais Alonso, Pablo Mouzo, Gabriel, Alex, Josiño, Joseba, Pablo Suárez, Álvaro (Eloy) e Brandon.
  • Goles: 0-1, m.2: Brandon; 0-2, m.11: Brandon; 0-3: m.38: Joseba; 1-3, m.75: Álex por insistencia; 2-3, m.88: Braian de falta directa, outra vez.
Partido igualadísimo que supuña unha das sorpresas da xornada. O Coristanco pagou caro os seus erros e se ben mantén unha boa distancia co 4º clasificado, sobre todo despois da derrota do Corme no derbi. Foi un choque moi igualado no que o cadro camariñán saía enchufadísimo e en 10 minutos se colocaba 0-2 no macador. Non reaccionaba os locais e antes do descanso chegaría un terceiro tanto que deixaba o partido moi claro. Pero aíu “peleón” o Coristanco na segunda e a pesar de os camariñáns viña aprendidos da segunda metade, volveron cometer tamén os mesmos erros. Do posible 0-4 de Brandon nunha contra, pasouse ao 1-3, case por insistencia. Braian marcou de falta directa, outra vez, pero a pesar dos numerosos balóns colgados non había ocasións claras.   Laxe - Sofán (0-2)
  • Campo: Cabo Darea
  • Laxe: Adri, Nico, Bruno, Manuel, Santi, Samuel, Alex, Santi, Íñigo, Bieito, Valentí. Tamén: Anxo, Dani, Ávlaro e Cubano.
  • Sofán: Christian, Alex Fidalgo, Diego Pallas, Adri, Alberto Fidalgo, Dani Padín, Gabri, Eloy Cabeza, Brais Rey, David Dourado e Dani Bolón. Tamén: Sergio, Iván, Martín, Alex Doampo, e Alex Villar.
  • Goles: 0-1, m.63: Brais Rey; 0-2, m.:75 Dani Bolón.
Primeira metade igualada, moi trabada, con poucaso ocasións e moito medo. Na segunda, saíron máis decididos os carballeses, que aproveitaron ben as ocasións. O Laxe tivo un par de boas chegadas aproveitando varios balóns ás costas da defensa pero non conseguiron materializalas.   Zas - Cabana (1-1)
  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Hadrián; Rubén, Brais, Darío, Ismael; Adrián (Calo), Kevin; Madelin (Veleta), Alvaro, Cristian; Andrés.
  • Cabana: Darío, Kevin, Martín, López, Nando, Reigía, David, Gende, Álex Lema, Alberto, Yago (Rubén).
  • Goles: 0-1, m.60: ; 1-1, m.61: Andrés.
Con problemas de efectivos chegaba o Cabana a San Andrés, no que os Reigía, Alberto e Rubén tiveron que facer un gran esforzo. Por bando zaense máis do mesmo, moitas baixas por lesións e sancións. Dous goles nun minuto puxeron o empate nun partido moi igualado. Dous erros puntuais valeron os tantos do encontro, que terminou como un pacto de non agresión por ambas partes, con maior dominio local e contraataques dos visitantes.   As Pedreiras - Baio (5-2)
  • Campo: As Pedreiras
  • As Pedreiras: Benjamín, Pablo, Andrade, Alex, Kuki, Eloy (Iván), Rubén (Jose), Alberto, Aarón (Diego), Ángel (Brais) e David (Esmoris)
  • Baio: Cedrón, Manu Leal, Javi Muíño, Gavín, Antelo, Souto (Damián), Mohedano, Alberto, Santi Moreira, Regueira, Alex.
  • Goles: 1-0, m.22: David; 2-0, m.23: David; 2-1, m.44: Alberto Fuentes; 3-1,m .63: Pablo; 3-2, m.83: Manu Leal; 4-2, m.85: Brais; 5-2, m.86: Andrade.
Partido vistoso nas Pedreiras, na visita do Baio ao campo do líder, que levou un bo susto polo bo partido dos baieses que estiveron metidos no encontro ata practicamente o final do partido. Na primeira parte adiantouse en dúas ocasións o equipo local, pero no último minuto Alberto marcou un golazo que poñía o 2-1 co que se chegou ao descanso. Non era o mellor partido dos locais, dominando a ratos pero sen xogar ben o balón, con demasiada relaxación. Mediado o segundo período volveu poñer terra de por medio o equipo verdillés, pero un novo gol, desta vez olímpico, do Baio obra de Manuel Mª volvía meter o medo no corpo nas bancadas locais. Pero dous goles case consecutivos nos últimos cinco minutos deulles a vitoria aos berdilleses, máis ampla do que se viu no campo, e que lles permite aos locais seguir liderando a clasificación.   Ponteceso - Corme (1-0)
  • Campo: O Pinguel.
  • Ponteceso: Damián, Luca, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Iván Rod., Aarón, Eloy, Aday e Loureiro. Tamén: Lucas, Víctor, David, Brais e Pop.
  • Corme: Lucas, Pandi, Ángel, Cristian Garrido, Fran, Martín, Javi Bermúdez, Manu Garrido, Aitor, Manu Bermúdez e Manu Tasende. Tamén: Noel, Ángel e Diego.
  • Gol: 1-0, m.26: Iván Rodríguez.
Podía meterse de cheo na loita pola 3ª praza o Corme pero caeu, dando moita guerra, iso si, no derbi ante o Ponteceso. Foi un choque moi disputado, co Ponteceso dominando o balón ante un Corme que sabía xogar as súas armas. O cadro local fixo unha das súas mellores primeiras metade do campionato, xogando ben o balón e marcando por medio de Iván Rodríguez tras unha xogada ben elaborada. Non lle perdeu a cara ao partido o cadro cormelán, que tivo claras ocasións de gol para poder levar o empate a casa.  

Crónicas das Ligas Xuvenís

<

Máis información

Comentarios