3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira

3 accidentes esta fin de semana na mesma comarcal dan conta da necesidade de seguir ampliando a Autovía Costa da Morte.
Un ferido en Coristanco
Unha persoa resultou ferida na pasada tarde deste domingo despois de saírse da vía o vehículo que manexaba en Coristanco. O accidente ocorreu na estrada AC-552, ao seu paso pola parroquia de Montecelo, no lugar de Oca. Urxencias Médicas alertaba do sinistro ao 112 Galicia pasados uns minutos das 17:30 horas.
Nese momento, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaba do sucedido á Garda Civil de Tráfico, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, aos efectivos do GES de Ponteceso e ao servizo de mantemento da estrada. Finalmente, unha ambulancia trasladou á persoa accidentada a un centro hospitalario.
Accidente en Berdoias

Tamén a tarde de onte domingo, o cruce de Berdoias da AC-552 era o lugar dun novo accidente entre dous vehículos, que se saldou sen feridos.
Accidente en Dumbría
O venres 5 de maio, arredor das 22:15h da noite, producíase un accidente na estrada AC-552 a altura do Concello de Dumbría. O home, que non estaba ferido, esperara dentro a chegada dos Bombeiros que puideron retirar o vehículo mediante un cabrestante dos camións e o propio condutor saíu polo se propio pé.
Accidentes 2017
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Bombeiros de Cee e Carballo.
- AXEGA.