Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A deputación licita as obras de mellora das estradas da Costa da Morte

A deputación licita as obras de mellora das estradas da Costa da Morte
A axilidade na contratacion da obras permitira facer os traballo durante a epoca do bo tempo Previsiblemente, as obras de mellora das estradas levaranse a cabo durante a época do bo tempo Dous meses despois do anuncio, a Deputación da Coruña informaba onte de que licita as obras de mellora na rede provincial de estradas por máis de 16 millóns de euros, dos cales, máis de dous correspondense con varias carreteras da Costa da Morte. O deputado responsable da área de Vías e Obras da institución provincial, o alcalde de Dumbría José Manuel Pequeño, destacou “o importante ritmo inversor que, grazas a unha xestión eficaz dos recursos, está a levar a cabo a área de Vías e Obras da Deputación da Coruña dende a entrada, hai sete meses, do novo goberno provincial presidido por Valentín González Formoso”, e subliñou o efecto que esta activación terá “tanto na mellora das infraestruturas viais como na creación e mantemento do emprego nas numerosas empresas da provincia que se encargan de realizar os traballos”. Pequeño explicou que o feito de que o Plan de Conservación fose aprobado anticipadamente a finais de 2015, “vai a permitir axilizar a contratación e execución das obras incluidas no mesmo e realizalas durante a época de bó tempo, de xeito que a maior parte delas estean rematadas antes da época estival”. As obras nas estradas da Costa da Morte, todas elas licitadas por procedemento aberto e cun único criterio de valoración, son as seguintes:
  • Muros. Mellora da capa de rodaxe con MBC na DP 5304 da Abelleira ás Paxareiras por Tourea. P.K. 0+000 Ao 8+220. Data fin de presentación de ofertas: 26/03/2016. Orzamento: 408,560.99 euros.
  • Santa Comba. Mellora da capa de rodaxe con mestura bituminosa en quente da DP 2904 de Coristanco a Santa Comba. P.K. 15+800 Ao 20+240. Data fin de presentación de ofertas: 26/03/2016. Orzamento: 406,680.62 euros.
  • Carballo.  Mellora de firme na DP 1914 de Carballo a Portomouro. PK 0+000 AO PK 11+000. Data fin de presentación de ofertas: 26/03/2016. Orzamento: 447,788.84 euros.
  • Malpica. Senda Peonil na DP 4307 de Malpica a Ponteceso. P.K. 4+210 Ao 5+000 Mens. Data fin de presentación de ofertas: 26/03/2016. Orzamento: 129,152.94 euros.
  • Dumbría. Amliación da plataforma e mellora da capa de rodaxe na DP 3401, acceso a Berdeogas. P.K. 0 000 AO 1 400. Data fin de presentación de ofertas: 09/03/2016. Orzamento: 232,013.00 euros.
Ademais destas, a Deputación da Coruña ten aberta a licitación na mellora doutras estradas da rede provincial. Novas relacionadas Fonte

Comentarios