Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Vía Mariana que une Braga e Muxía empezará a sinalizarse na primavera

A Vía Mariana que une Braga e Muxía empezará a sinalizarse na primavera
Escudo da Via Mariana

Segue convertíndose en realidade a Vía Mariana, a primeira gran ruta de peregrinación entre santuarios marianos de Galicia e Norte de Portugal, entre Braga e Muxía. A pasada fin de semana tivo lugar a terceira reunión oficial en Padron, na que se certificou o lanzamento definitivo deste gran itinerario cultural.

No encontro informouse de que a sinalización do itinerario completo comezará en breve tanto en Galicia como en Portugal. De feito, tamén se acordou que ao longo da primavera se fará a presentación oficial do trazado aos alcaldes da Vía Mariana.

Asociación

Unha novidade importante foi a presentación e aprobación dos estatutos da Asociación da Vía Mariana Luso Galaica que reemplazará á actual coordinadora asumindo a xestión do proxecto. Esta asociación contará co apoio dun Consello Asesor formado por importantes personalidades do mundo académico e relixioso, que será fundamental en todas as decisións referentes ao patrimonio cultural, paisaxístico e medioambiental que tome a directiva da asociación.

Este proxecto altruísta ideado por Luís do Freixo e José de Rísea será un potente dinamizador económico e social das terras polas que pasa. O fío condutor da “Vía Mariana” son as romarías tradicionais (vivas a día de hoxe en Galicia e Portugal) que conducen aos Santuarios de devoción Mariana, culto anterior á devoción xacobea. Nunha fase posterior, abrirase o proxecto á incorporación doutros centros de devoción mariana máis apartados do eixe vertical da actual ruta. A Vía Mariana chegará dende Compostela a Muxía pasando por Negreira, Baíñas e Berdoias como puntos importantes.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios