A altitude do Concello de Dumbría

Modesto Garcia Quintáns no Vértice A Carbaliza (Buxante)

Cando vamos facer algunha xestión nos concellos da nosa comarca decatámonos que nun muro lateral do edificio ou no seu etorno existe unha placa metálica, color oscuro ovalada, que ten unha líña horizontal no medio e uns números. Esa liña marca a altiude que ten nese lugar con relación o nivel medio do mar en Alicante proporcionada polo mareógrafo de esa Cuidad e contrastada máis tarde polo mareógrafo do porto da Coruña.

Placa de nivelación instalada en Dumbría

Repasemos un pouco a historia do noso Mapa Topográfico de España.

Hoxe en día é fácil saber esta ubicación polos aparatos informáticos e  información que nos proporcionan os satélites que temos sobre as nosas cabezas, pero fai anos, saber a altitude de un puno sobre o nivel do mar en España era moi complicado. Os traballos topográficos e xeodésicos para facer o primeiro Mapa Topográfico de España, ao non existir aparatos de medida como os actuales pasaban por varias etapas: proxecto e medida dunha base para o cálculo da triangulación que, no caso de España, foi a Base de Madridejos (Madrid) dirixida polo General Calos Ibañez de Ibero, o primeiro Director do  Instituto Xeográfico Nacional, no ano 1857.  

Houbo que cubrir toda a xeografía española con puntos xeodésicos (11.350), observados con equipos topográfico daquela época. Sinalizar e observar a rede de nivelación nacional, con outras señais (cravos especiales) colocadas sobre o terreo,  principalmete polas vías dos ferrocarris; 29.450 cravos de nivelación de Alta Precisión, tendo como orixe cero os datos do Mareógrafo de Alicante, o único naquela época.

Todo este traballo de recollida de datos polo territorio, medido con aparatos topográficos daquela época dou orixe a 1.106 follas do primeiro Mapa Topográfico Nacional (MTN) a escala 1/50.000. A primeira  foi a Folla 559 correpondente a Madrid, publicada en 1875. A da nosa comarca H-93 foi publicada sobre o ano 1945. Máis tarde, sobre o año 1980 se reconstruiu e observou de novo a Red Xeodésica Española, destacando os vértices  de A Ruña con 646 m. e A Moa no Monte do Pindo con 629 m. O punto deste vértice coincide co que puxo Domingo Fontán para facer o seu Mapa no ano 1845.

Colocación a Placa en Mazaricos en 2008

Os datos do Territorio Nacional foron sacados na actualidade por fotografías aéreas e os cálculos xeodésicos por ordenadores, anclada toda a información pola Rede Geodésica. Estes mapas poden conseguirse na Coruña, na  Casa do Mapa situado na Rúa de San Andrés xunto a Plaza de Pontevedra.

Casa do Mapa Coruña

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”