Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros

As bibliotecas en Dumbría son +Q libros

Completísimo o programa de actuacións culturais e obradoirs +Q LIBROS, que se desenvolverá no concello de Dumbría ao longo das vindeiras semanas, unindo o Día do Libro e o Día das Letras Galegas.

A idea da Concellería de Cultura que dirixe María Lema, segue promocionando, incentivando e dinamizando a cultura dende fai décadas. Continuando nesta traxectoria dende o 21 de abril ata o 19 de maio, unindo o día do libro co día das Letras Galegas, vai celebrar unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas para desfrutar destes marabillosos espazos públicos dende outra perspectiva.

Durante estes días poderás participar de espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades.

-Sábado 21 abril_17:30 h_Instalacións do Conco - Dumbría. Títeres: A Festa de Barriga Verde. Espectáculo de títeres para nenos.

- 28 abril_17:30 h_Casa Cultural de Buxantes. Obradoiro infantil de cociña. Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 26 abril.

- 5 maio_17:30 h_Casa Cultural de Berdeogas. Maxia: Apren-Deimi. Obradoiro de maxia + actuación.

- 12 maio_17:30 h_Casa Cultural de Olveira. Obradoiro infantil de manualidades. Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 10 maio.

- 19 maio_17:30 h_Edi cio Bitácora - O Ézaro Títeres: Redoblante e Meñique.

Fonte

Comentarios