Atopan falecida na súa casa de Buxán unha persoa que levaba dous días sen dar sinais
07:31 11/11/21
Esta pasada mañá de mércores, os Bombeiros de Cee, Protección Civil de Dumbría, Garda Civil de Corcubión, 061 e persoal sanitario do Centro Médico de Dumbría achegábanse á unha vivenda de Buxán, en Dumbría, ao recibir a alarma da veciñanza de que unha persoa levaba dous días sen dar sinais de vida.
Foron os Bombeiros os que, con permiso dun familiar, procederon a entrar polo garaxe tendo que que forzar dúas portas no interior da vivenda ata dar coa persoa, que xa estaba falecida nunha habitación.