O BNG pregunta no Parlamento pola falta de augas na fervenza do Ézaro
Como denunciamos en QPC, o pasado 14 de xuño o río Xallas permaneceu durante varias horas cuns niveis de caudal moi baixo ao longo dos 1.4 km que separan o encoro de santa Uxía da desembocadura na fervenza do Ézaro. Unha situación que se repetiu este pasado 3 de xullo cando a empresa XEAL volveu deixar sen o caudal ecolóxico obrigatorio o treito de río abaixo do encoro de Santa Uxía.
Dende o BNG sinalan como “causa deste atentado ambiental intereses especulativos da concesionaria do encoro de Santa Uxía, que supostamente retivo a auga para sacar maiores réditos coas oscilacións do prezo da electricidade”. Lembran ademais a historia de agresións que leva sufrido este río, protagonista de ata unha surrealista inauguración dunha fervenza gracias á denuncia de Ríos Con Vida hai apenas 12 anos, precisamente por manter seco ese treito do río.
Por iso, dende o BNG consideran “moi preocupantes” os sucesos acontecidos este e Daniel Pérez, preguntou no Parlamento “se a Xunta un procedemento informativo en relación coa situación anómala de falta de caudal ecolóxico no último treito do río Xallas e na fervenza do Ézaro”, se “abriu a Xunta un expediente sancionador en relación con estes feitos”, e se “vai o goberno galego informar os concellos e a cidadanía sobre as causas desta situación irregular e sobre as medidas adoptadas”.
NOVAS RELACIONADAS
- 06-07-2023: XEAL volve secar a fervenza do Ézaro.
- 15-06.2023: A Fervenza do Ézaro secou durante varias horas.