Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG reiteira a petición de eliminar unha placa fascista da antiga Escola Unitaria de Bustelo

Simbolo fascista en Dumbria
Placa na antiga escola de Bustelo
O BNG reiteira a petición de eliminar unha placa fascista da antiga Escola Unitaria de Bustelo

Xa novembro do 2020 o BNG de Dumbría, denunciou publicamente a existencia dunha placa, sita na fachada da que fora antiga escola unitaria de Bustelo, onde loce con todo esplendor un emblema do réxime da ditadura franquista.

Dende o BNG esixe que retire a placa, e se tomen en cosideración as súas peticións, pero sobre todo para cumprir a Lei 20/2022, de 19 de outubro, de Memoria Democrática, en vigor dende, 21/10/2022, e de obrigado cumprimento para todos.

"Non eliminar a placa é ir contra da lei, pois é obriga dun goberno municipal, e desta corporación, ser vixía do cumprimento da mesma" denuncia Xaime Trillo.

Asemade, esta escola foi construída nunha propiedade de Manuel Pose Canosa, quen doou, de maneira filantrópica, sen compensación nen recoñecemento algún, os terreos onde está a mesma. Por isto solicitan que, "en substitución da placa antidemocrática, sexa colacada outra que recoñeza a filantropía de Manuel, a quen moitas xeracións lle debemos o feito de termos un lugar onde recibir o dereito a unha educación".

Comentarios