Xoves. 29.10.2020
El tiempo

Os Bombeiros sufocaron o incendio dunha vivenda en Buxán

Os Bombeiros sufocaron o incendio dunha vivenda en Buxán

Bombeiros de Cee sufocando un Incendio dunha vivenda en Buxan-Dumbria

Esta pasada madrugada, pouco máis tarde da media noite, os Bombeiros de Cee recibían unha alerta por un incendio nunha vivenda en Buxán, Dumbría. Unha vivenda de dous andares, onde vivía unha persoa de avanzada idade e que segundo non quería abandonar a vivenda. A Garda Civil conseguía rescatala para que os Bombeiros puidesen proceder á extinción.

O lume atopábase nunha anexo a un dormitorio e nunha terraza cuberta onde se atopaban varios electrodomésticos, véndose afectada tamén a cociña polo fume e alta temperatura que se atoparon. Finalmente non houbo danos persoais.

comentarios