![Homenaxe a Lourdes Pardo en Buxantes 2]()
Homenaxe a Lurdes Pardo en Buxantes-Foto-Iván Pérez
![]()
Lurdes Pardo durante a súa homenaxe
A Parroquia de Buxantes homenaxeou este pasado venres á súa veciña Lourdes Pardo Fernández pola súa gran labor, en todos os campos, realizada na zona dende o ano 1980.
Chegada a Dumbría da man da Compañía de María no ano 1980, dous anos despois, incorporábase á parroquia de San Pedro de Buxantes, desenvolvendo a súa labor de mestra, dinamizadora da vida social e cultural (teatro, excursiones, música…) e na vida relixiosa.
O seu traballo na promoción humana e espiritual dos máis necesitados segue a ser unha das suas tarefas primordiais no seu día a día ao igual que a implicación no mundo rural e a promoción do galego e a nosa cultura.
A homenaxe iniciouse cunha celebración eucarística que presidiu o vicario de Santiago, e ao remate da mesma descubriuse unha placa no templo en homenaxe por todo o que fixo e lle queda por facer. Xa chegado o mediodía finalizouse o día cunha comida.
Lurdes Pardo é vella amiga de QPC pois colaborara activamente na
Elección Histórica da Costa da Morte que realizáramos en 2010
![Placa de homenaxe a Lourdes Pardo na Igrexa de Buxantes]()
Placa de homenaxe a Lourdes Pardo na Igrexa de Buxantes
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-o-sarcofago-da-igrexa-parroquial-de-buxantes/
https://quepasanacosta.gal/un-busto-en-homenaxe-ao-parroco-de-buxantes/
https://quepasanacosta.gal/intensos-dias-nas-parroquias-de-desire/