O Concello de Dumbría renova con Aspadex o Servizo de Atención Temperá
19:24 17/10/23
Esta mañá asinouse en Dumbría a prórroga do contrato para o 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗔𝘁𝗲𝗻𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗧𝗲𝗺𝗽𝗲𝗿𝗮́ (𝗦𝗔𝗧) 𝗖𝗼𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗠𝗼𝗿𝘁𝗲 coa Asociación ASPADEX.
Boas novas para un servizo fundamental para a Costa da Morte, de atención aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con necesidades especiais dos Concellos de Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
A súa actividade de terapia ocupacional, psicomotricidade, logopedia e psicoloxía desenvólvese en 2 centros, un situado en Vimianzo e outro no Ézaro:
O SAT Costa da Morte:
- É un servizo para a atención de nenas e nenos de entre 0 a 6 anos.
- Ten como obxectivo dar resposta as necesidades dos infantes, sexan transitorias ou permanentes que afecten no seu desenvolvemento.
- O equipo do SAT da Costa da Morte está formado por unha Terapeuta Ocupacional e Coordinadora do Servizo, 2 Logopedas, 1 Psicóloga e 1 Mestra de Infantil con formación e experiencia en Atención Temperá.
- As ubicacións deste Servizo están no Ézaro (Dumbría) e en Vimianzo.
- O procedemento para recibir esta atención é acudir primeiramente o Servizo de Pediatría do centro de saúde de calquera destos Concellos. Será este profesional quen derive o Servizo se así o considera.