Venres. 03.12.2021
El tiempo

Condenan a pagar 300.000€ á Ferroatlántica pola seca do Encoro da Fervenza

Condenan a pagar 300.000€ á Ferroatlántica pola seca do Encoro da Fervenza

Chéganos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sentenza do xuizo contra os recursos naturais e o medio ambiente acontecido en novembro de 2007 no Encoro da Fervenza. Naquel mes falecera uns 15.000 peixes por falta de osíxeno por mor dunha seca provocada pola explotación hidroeléctrica.
A denuncia chegaba da man da Ministerio Fiscal, da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Pesca e o Club de Pesca Salmo de A Coruña. E os acusados eran a empresa Ferroatlántica, e dous dos seus cargos directivos. Xa anunciaramos no 2009 a multa de 610.000 euros que a fiscalía pedía para Ferroatlántica como única culpable da desfeita ecolóxica por un delito contra o medio ambiente.

Hoxe o TSXG emite a sentencia final tralo recurso da entidade, pola cal a empresa Ferroatlántica e os directivos terán que abonar unha indemnización de 305.954€ por danos ecolóxicos, a cantidade que se estima a reparación do equilibrio ecolóxico perturbado. Boa parte deses cartos serán para a Xunta de Galicia, pero o Clube coruñés de pesca deportiva Salmo recibirá unha indemnización de 20.000€, igual que a Federación Galega de Pesca.

Ademais os directivos José Luís G.H.G. e e Román L.C. son condenados a 5 meses de prisión e 8 de inhabilitación para o exercicio de dirección de explotación de sistemanas eléctricos, unha multa de 24€ diarios durante 5 meses. Condena que chega rebaixada xa que o fiscal pedía 2 anos e 3 meses de prisión.

Resposta de Ferroatlántica

Pola súa parte, a empresa, que califica o suceso de "accidente ecolóxico", destaca que "o xuíz considera que non existiu por parte da empresa Ferroatlántica nin dos seus responsables ningunha intención dolosa e rebaixou a cualificación do feito a un delito de imprudencia". Ademais lembra que "a escaseza de choivas naquelas datas e o mantemento por parte da compañía do caudal ecolóxico determinado pola Xunta de Galicia constituíron dous elementos crave na resolución".

Deste xeito, queren destacar que "a pena solicitada polo fiscal para cada un dos acusados redúcese de 27 a 5 meses. Do mesmo xeito, tamén se reduce de 18 a 8 meses a inhabilitación profesional, limitándoa, ademais, exclusivamente á dirección de explotacións eléctricas". A realidade é que a sanción económica que cifrara o ministerio fiscal en máis de 600.000 euros, reduciuse en case a metade.

Neste sentido, "a empresa Ferroatlántica, a pesar de non compartir a idea de culpabilidade, si valora positivamente que o xuíz descarte calquera intención dolosa por parte da compañía e os seus responsables, así como o feito de que a cantidade a abonar reverta na rexeneración do río", sinalan dende a entidade.

Os feitos

Lembran que a causa da seca fóra que durante os días anteriores ao 10 de novembro de 2007, o auga no encoro supuña menos do 20%. Neses días, o director de Explotación do sistema eléctrico de Ferroatlántica, José Luís G.H.G., e o Conselleiro Delegado da empresa, Román L.C., actuaron no seu cometido da empresa e interese de aquela, contravindo o disposto na lei (...) do reglamento de ordenación de pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, provocando de xeito consciente, e coa finalidade de maximizar a explotación do aproveitamento hidráulico para a produción de electricidade, na conca do río Xallas, o vaciado total do encoro da Fervenza, o que produxo a morte de non menos de 15.000 exemplares de peixes, fundamentalmente troitas e bogas.

Se ben non se cuantificaron publicamente as ganancias económicas da empresa, as consencuencia ambientais destes feitos non só poden medirse polo valor estimado das especies extinguidas, notoriamente superior a 80.000€, senon tamçen polo resto das afectacións ambientais e o valor das actividades lúdicas que se impedisen.

A seca nun vídeo de Francisco Santiago López

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios