Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Dumbría abre o prazo para anotarse nas actividades do verán

Dumbría abre o prazo para anotarse nas actividades do verán
Ao longo dos meses de xullo e agosto desenvolveranse nas instalacións do Conco as actividades estivais organizadas polo concello de Dumbría e que están dirixidas aos veciños e veciñas do municipio. Como xa é habitual, a piscina municipal abrirá as súas portas para o baño libre en horario de luns a sábado, de 15:30 a 19:30 horas. Xa en xullo comezarán os cursos de natación de iniciación e perfeccionamento dirixido a adultos e que se desenvolverán polas tardes. Polas mañás realizaranse distintas actividades para os nenos e nenas entre as que destacan os cursos de natación; obradoiros de manualidades, cociña, reciclaxe, experimentos,...; xogos e dinámicas para o tempo libre; xogos populares e de mesa; actividades deportivas, contacontos e servizo de bibliopiscina e acceso a Internet. O concello porá un servizo de transporte gratuíto para trasladar ós participantes desde as parroquias ata Dumbría. Os interesados e interesadas en participar xa poden anotarse na casas culturais, nas oficinas municipais ou no númeor de telélofono 981 744 001, ata o 26 de xuño. No caso dos menores que desexen participar nestas actividades estivais, hase de entregar unha solicitude en calquera das instalacións municipais. Teatro e festa infantil O 17 e 18 de xuño a casa de Cultura de Olveira acollerá a clausura das escolas municipais de teatro. O sábado ás 16 horas actuarán os dous grupos infantís e ás 20 horas será o grupo de mozos/as o que tome o relevo. O domingo ás 20 horas actuará o grupo de adultos. Por otra banda, o vindeiro 26 de xuño a praia do Ézaro acollerá unha festa infantil. Todos os nenos e nenas que queiran participar deben cubrir unha autorización e entregala nas casas culturais ou nas oficinas municipais antes do 20 de xuño. Fonte

Comentarios