Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Dumbría acometerá obras nos seus camiños

Formoso Raul gonzalez e Pequeno
Valentín Gonzalez Formoso con Raúl González e José Manuel Pequeño
Dumbría acometerá obras nos seus camiños

Dumbría poderá acometer a mellora de diversos camiños municipais gracias ao acordo asinado entre Concello e a Deputación da Coruña. O orzamento total das obras é de 246.865 euros, dos que o ente provincial financiará 164.777 euros, o que supón o 66 % do total, que permitirán acondicionar un total de 28,7 quilómetro de camiños e estradas muncipais deteriorados polas inclemencias meteorolóxicas producidas nos últimos meses.

Segundo explicou o alcalde, o proxecto levarase a cabo nas parroquias de Dumbría, Berdeogas, Buxantes, Olveira e Olveiroa. Concretamente, no primeiro termo municipal actuarase no treito entre Castro e Pedras Canteiras, entre Figueiroa e Marco do Couto e no camiño en Caforra. A actuación inclúe o acondicionamento das explanacións, a limpeza de marxes e a reapertura de gabias.

Na parroquia de Berdeogas renovarase o camiño que une Alvarellos coa torre de control marítimo, en Campo e Sábade, no da Boudalleira á estrada de Sarteguas e deste punto á torre de control marítimo. Inclúese tamén a actuación na Vacariza á Pedriña e en Bordeogas. Prevese o acondicionamento e a limpeza de marxes destes lugares.

En Buxantes actuarase desde Figueiroa ao camiño Xacobeo e, tamén, nos camiños do Vilar. Prevese, do mesmo xeito, unha intervención en Cerván e a estrada a Miñóns e deste punto ao Prado de Saturno. Traballarase tamén na estrada de Anseán, na subestación e no rego de Campelas.

Na parroquia de Olveira mellorarase a baixada ao depósito de augas en Logoso e a explanación de Lucín a Olveira, ata o depósito de augas. Actuarase no tramo da estrada da Olveira á estrada A Boudañeira e de aquí á fervenza.

Por último, na parroquia de Olveiroa mellorarase o acondicionamento e pavimentación de varios camiños do lugar.

O período de actuación será duns 6 meses de duración.

Comentarios