Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A RAG invita á veciñanza a recoller os seus microtopónimos na campaña Galicia Nomeada

20231117-toponimizate_dumbria
A RAG invita á veciñanza a recoller os seus microtopónimos na campaña Galicia Nomeada

Volve o proxecto Toponimízate da Real Academia Galega á comarca. O Centro Social de Dumbría acollerá unha sesión este venres 17 ás 12:00 horas para invitar á veciñanza a utilizar a aplicación Galicia Nomeada, que facilita a participación cidadá na recolla e xeolocalización de nomes de montes, leiras e outros microtopónimos.

O público aprenderá a orixe e o significado dos nomes da terra de ambos os concellos e como funciona a aplicación Galicia Nomeada, que facilita a participación cidadá na recolla e xeolocalización de nomes de montes, leiras e outros microtopónimos. Será o filólogo da RAG Vicente Feijoo o encargado de impartir ambas as charlas.

Dende a súa posta en marcha a finais de 2019, a plataforma recibiu unhas 68.000 achegas por parte das máis de 3.200 persoas e entidades colaboradoras.

Máis novas sobre toponimia

Comentarios