A RAG "toponimiza" Carnota

09:03 23/10/21
A Real Academia Galega estará na comarca o 5 de novembro, no Salón de Actos do Concello de Carnota. Será para impartir unha charla sobre a toponimia carnotá, dentro do proxecto “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”.
Unha campaña para divulgar a riqueza dos nomes da terra e animar a veciñanza a participar na recuperación da microtoponimia.
O coordinador da unidade técnica de toponimia da Real Academia Galega, Vicente Feijoo, será o encargado de dar a charla aberta a toda a veciñanza sobre os nomes municipio de Carnota e sobre o funcionamento de Galicia Nomeada, unha aplicación concibida para facilitar a recollida colectiva dos microtopónimos galegos, nomes tradicionais de veigas, chousas, leiras, devesas, fontes ou penedos que constitúen un patrimonio inmaterial único.
O relatorio terá lugar o 5 de novembro, ás 19.00 h, no salón de actos do Concello de Carnota. A participación é libre, ata completar a cabida do local.
OUTRAS NOVAS SOBRE TOPONIMIA
- O significado dos nomes dos 19 concellos da Costa da Morte segundo a RAG.
- A Real Academia Galega afonda nos topónimos de Carballo.
- A Laracha recupera a súa toponomia.
- Modesto García Quintáns: Memoria histórica lingüística (toponímia) e etnografía do Concello de Dumbría.
- Modesto García Quintáns: A toponimia do Monte do Pindo.
- Manuel Vilar: Unha viaxe polos Coucieiro: Desde Muxía a Santa Marta de Penaguião ao pé do Douro.
- Miro Villar: Bazarra, un topónimo singular do noso territorio.
- De pescos a montañeses. Os verdadeiros xentilicios da Costa da Morte.