Dumbría e outros 8 concellos da zona sanéanse co canon eólico


Asinaba onte a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, o documento de conformidade para a concesión dunha subvención destinada á execución de diversos traballos de recuperación medioambiental e mellora do entorno.
Son 172.235 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico. Cartos que se destinan á dotación dunha rede de sumidoiros na estrada xeral para a recollida de augas residuais e pluviais na parroquia de Olveira.
Concretamente, o proxecto executouse en dous puntos diferenciados da estrada xeral: no lugar de Regoelle, por unha banda, e entre Rebouta e Vilar, por outro.
Con esta intervención, preténdese evitar as agresións ao medio natural, derivadas da alta actividade humana e gandeira da zona. Deste xeito, dótase a esta área das canalizacións necesarias que se conectarán ás redes xa existentes para o traslado das augas aos puntos de tratamento correspondentes. Así, estase a contribuír a mellorar a calidade do medio rural, e polo tanto, tamén ao reequilibrio territorial.
11 municipios das comarcas de Bergantiños, Soneira, Carnota-Muros e Fisterra beneficiados
Do Campo recordou que este é o cuarto ano consecutivo no que nove concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra (A Laracha, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Camariñas, Vimianzo, Carnota, Muros, Zas e Dumbría) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 445,5 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que oito deles dispoñen de máis de 83.000 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 780.781 millóns de euros.
Concello | Aeroxeradores | Metros de liña | Subvención |
A Laracha | 1 | -- | 1.434 euros |
Cabana de Bergantiños | 13 | 8.497 | 33.155 euros |
Coristanco | 27 | 13.654 | 62.033 euros |
Malpica de Bergantiños | 69 | 1.208 | 101.009 euros |
Ponteceso | 63 | 18.713 | 122.305 euros |
Camariñas | 62 | 6.346 | 99.747 euros |
Vimianzo | 68 | 21.869 | 134.849 euros |
Zas | 28,5 | 7.087 | 52.974 euros |
Dumbría | 114 | 5.737 | 173.275 euros |
TOTAL | 445,5 | 83.111 | 780.781 euros |
Novas relacionadas
- O Concello de Dumbría abre as portas 24 horas ao día.
- Vimianzo mellora o saneamento de Tras do Ceán cos fondos do canon eólico.
- Muros e Carnota reciben axudas para aforrar enerxeticamente:
- Camariñas mellora a eficiencia do alumeado público e Ponteceso o saneamento co canon eólico.
- Obras de recuperación de camiños e lavadoiros en Malpica.
Fonte
- Xunta.