Dumbría viaxa a dúas rodas


Parece absoluta a aposta do Concello de Dumbría polo ciclismo. E así o amparan os datos, que indican que no último ano o turismo medrou un 155%, e boa parte de culpa a teñen as dúas rodas. Tres frontes ten abertas o concello dumbriés en materia ciclista para este curso. Mentres volve pelexar por un final da Volta no Alto do Ézaro, xa ten armada unha BTT para o mes de abril. Pero a grande aposta chámase este curso Gran Fondo Ézaro.
Gran Fondo Ézaro
A presentación terá lugar este mércores 11 de febreiro en Santiago de Compostela. Pero todos temos xa os ollos postos no sábado 4 de xullo. O Gran Fondo Ézaro é un evento ciclista de longa distancia, para ciclistas federados e non federados na modalidade de bicicleta de estrada, que se sitúa nun escenario ao bordo de Fisterra (Fin do Mundo). Iso si, con meta do Mirador do Ézaro, por suposto, elevando o mito das rampas do Ézaro, xa “un porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
As miras son de altura, e o Concello dumbriés aspira a converter o Gran Fondo Ézaro nun punto de referencia dentro das actividades ciclistas de gran fondo europeas.
Xa pasou polo FITUR, e a vindeira semana coñeceremos máis desta aposta polas dúas rodas.

Nova BTT en abril
En breve saberemos máis, pero vaian apuntando a data para a V BTT Concello de Dumbria: o domingo 12 de abril.
Estade atentos ao Facebook do Club Ciclista Dumbría.

Novas relacionadas
- Dumbría volve pelexar por un final da Volta no Alto do Ézaro.
- O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
- A subida ao Mirador do Ézaro xa ten Top10.
- Desafío 2014: A épica marcou un Desafío do Atlántico pasado por auga.
- “O Mirador do Ézaro convírtese nun porto mítico en Galicia referencia da peregrinaxe do ciclismo”.
- Alfredo Relaño: “Non coñecía este emprazamento privilexiado ata que o ciclismo o ensinou ao mundo”.
- Vuleta 2013: Volta a España con Final na Fin do Mundo.
- Desafío 2013: O tempo non foi Desafío abondo para o pelotón.
- Vuelta 2012: A Costa da Morte vibrou coa Vuelta.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).