Dumbría xa ten listos os campamentos de verán no Conco
Durante os meses de xullo e agosto, o Conco encherase de vida durante as mañás gracias aos campamentos de verán do Concello de Dumbría.
O programa está formulado para nad@s entre 2009 e 2019. Haberá servizo de transporte polas parroquias e as crianzas poderán ter xogos ao aire libre, actividades de natureza, sendeirismo, iniciación a deportes, natación, obradoiros de ciencia, manualidades, educación vial, lectura…
Xa podes realizar a preinscrición ata o 23 de xuño, cubrindo este formulario.
Festa Infantil
Ademais, o Concello invita a toda a veciñanza a participar na festa de fin de curso que está armando para o vindeiro xoves 22 de xuño, na praia do Ézaro, de 11:00 a 17:00 h. Haberá numerosas actividades e a actuación de Duelirium, Voadores Circus Air, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Haberá servizo de transporte e xa podedes entregar a autorización antes do 19 de xuño para inscribirse nas Casas Culturais ou oficinas municipais.