![movete]()
Son moitos os concellos da Costa da Morte os que xa iniciaron as súas actividades culturais e deportivas para todo o ano 2015 e parte do 2016. Como non podía ser doutro xeito, o de Dumbría tampouco quere quedar atrás polo que xa abriu o prazo de inscrición do programa que baixo o
slogan "Móvete" inclúe actividades en todas as súas parroquias e dirixidas a todos os públicos.
No eido da cultura, os
nenos e nenas dumbrieses teñen a oportunidade de participar en cursos de informática, inglés, clases de apoio, Dumbría Speaks, na escola municipal de teatro en adentrarse no mundo do baile e da música tradicional (pandeireta e gaita), grazas á colaboración da ACDR As Neves. En canto as actividades deportivas ofertadas polo concello para os máis pequenos inclúense a escola de fútbol, de piragüismo, de voleibol e de ciclismo xunto con
sports kids e
kick boxing infantil.
Pola súa banda, o concello de Dumbría oferta para os
adultos clases de informática, manualidades, gaita, escola de teatro, cursos de técnicas de busca de emprego, clases de apoio para obtención do graduado en E.S.O. e
Dumbría Speak. E os adultos que queiran practicar deporte poden facelo a través das clases de ximnasia de mantemento, pilates,
cicuit training, cadio kick boxing, cross force trainning, body pump ademais de acudir aos ximnasios municipais de Dumbría e Olveira.
Os interesados en anotarse a calquera destas actividades teñen de prazo ata o 20 de outubro para facelo chamando ao 981 744 001 ou nas oficinas municipais.