Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un falecido tras caer ao río co seu vehículo en Olveiroa

BOmbeiros de Cee nun accidente
Os Bombeiros no lugar do accidente
Un falecido tras caer ao río co seu vehículo en Olveiroa

Segundo falecido que se cobran as estradas da Costa da Morte esta fin de semana. Despois do tráxico suceso de Ponteceso acontecido na tarde do venres, no que falecía un mozo de 20 anos de Corme, este domingo outro home, duns 50 anos, perdía a vida noutro accidente.

Neste caso foi na estrada DP-3404, de Olveiroa, no cruce que vai cara As Pías, no Concello de Dumbría. O vehículo envorcaba e sufría unha saída de vía caendo ao regato ao carón o paseo fluvial do lugar.

Un veciño que viu o vehículo, chamou ao 112 ás 18:00h. Os Bombeiros de Cee acodían para facer unha laboriosa extracción da vítima, pero o home xa falecera.
Tamén acodiron axentes da Garda Civil de Tráfico, que recoñecían que non saben cando podería terse producido o accidente, xa que o coche atopábase cheo de auga á chegada das forzas de seguridade.