Fotodesfeita: As fochancas da estrada do encoro de Ponte Olveira

Esta semana, coñecíamos da man de Antonio Lema González, madrileño con alma galega, un novo Recuncho da Costa, o Encoro de Ponte Olveira. Pero ademais de descubrirnos a beleza dun entorno de cemento no medio da natureza, Antonio se puxo en contacto con nós para denunciar “o pésimo estado no que se atopa a estrada de acceso ao embalse desde o lugar de Olveiroa (atópase chea de fochancas)”.

Segundo as súas pesquisas, “parece ser que esta estrada foi realizada por Ferroatlántica como vía de servizo para construír o embalse; desde entón foi utilizada polos veciños do lugar de Campelo, Mazaricos, como a vía principal para comunicarse con outros lugares”. Con todo, debido ao mal estado no que se atopa desde fai xa uns anos e a que ninguén se fai responsable da mesma, e os veciños vense obrigados a percorrer bastante máis distancia da necesaria nas súas viaxes”.

Novas relacionadas

Fotodesfeitas

Podes enviarnos a túa fotodesfeitas a info@quepasanacosta.gal ou a través do noso Facebook.

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).