Histórico primeiro triunfo do CDM Piragüismo Dumbría na Copa Galega de Promoción

O concello pontevedres de Tomiño acollía a primeira proba da tempada das categorías base da modalidade olimpica de augas bravas, coa organización do primeiro memoríal David Castro; palista falecido fai un ano. O concello de Tomiño dedicoulle una placa no Parque do Rio da Pedra, que foi descuberta pola alcaldesa Sandra Gonzalez, e o pai do falecido nun emotívo acto.
Primeira proba, e primeiro triunfo histórico do CDM Piragüismo Dumbría nunha competición de piragüismo. A canteira do CDM Piragüismo Dumbría se impuso en na casa do actual campeón da Liga Galega de Augas Bravas. Ainda que houbo menos clubes e participantes inscritos do habitual, iso non quita ningún merito o resultado dos dumbrieses, posto que os principales rivais estaban presentes.
A vitoria estivo cimentada no bo facer xeral dos palistas dumbrieses, muitos dos cales conseguiron os seus mellores resultados individuais con numerosos postos do podium coma Javier Trigo, Kiara Martinez e Brais Perez, con sendas medallas de bronce, pero destacando a victoria con solvencia de Martín Quintáns en canoa, e as platas do mesmo palista en K1 infantil, a pesar de ser de primeiro ano, e Andrea Souto, que quedou a apenas 29 centesimas da gañadora na su categoría, K1 Alevín.
Novas relacionadas
- Andrea Pérez abre a tempada do Piragüismo Dumbría.
- O CDM Piragüismo Dumbría bótase ao río.
- O CDM Piragüismo Dumbría colle máis peso na Federación.
- O Piragüismo Dumbría acadou o seu mellor resultado nunha Copa Galega de Slalom.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Os pequenos do Carrumeiro debutaron en Portosín.
Fonte
- Nota de prensa do CDM Dumbría.