Martes. 14.05.2024
El tiempo

Iago Canosa e Marco Oreiro volven con medalla da Copa de España de Piragüismo

Iago Canosa e Marco Oreiro volven con medalla da Copa de España de Piragüismo
Iago Canosa

A Copa de España que se celebra cada ano en Padrón, é unha das citas máis importantes da tempada para o CDM Piragüismo Dumbría. Normalmente esta competición debería de ter lugar en Padrón, no rápido do Lapido, pero o exceso de caudal que presentaba o río Ulla en días previos á competición non recomendaba a celebración da mesma no local previsto dadas as advertencias de aumento caudal anunciadas para o fin de semán.

A última hora, e ante a posibilidade de suspenderse a proba, apareceu a opción de Mondariz, na zona adecuada para elo polo Clube Tea, e que se normalmente non contaría o mellor cunha difucultade suficiente como para acoller unha Copa de España, este caudal precisamente o convirte nun lugar apto para a mesma.
O feito é que finalmente non choveu, e o caudal non foi tan alto, pero mesmo así Mondariz cumpliu para acoller a competición con solvencia.

A competición de Iago Canosa foi moi boa todo a fin de semana, pasando as rondas finais nun comodo sexto posto. Nas semifinais apretou un pouco máis pasando á final cun excelente segundo posto dado o altísimo nivel da súa categoría este ano. Finalmente a pesar de marcar o segundo mellor tempo da categoría, dúas penalizacións o relegaron o terceiro posto nunha competición moi ben xestionada polo palexeiro de Olveira internado no Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

O C2 de Iago Canosa e Marco Oreiro

Non foi esa a única medalla de bronce do CDM Piragüismo Dumbría nin do olveirán, posto que tripulando xunto con Marco Oreiro o C2 xuvenil do clube acadouse outra medalla para o clube do Concello de Dumbría a pesar de ser un dos tripulantes cadete, e a pesar de que demostraron durante a fin de semana que poderían estar máis arriba no podium. Seguro que esta competición lles serve de aprendizaxe de cara a vindeiras citas.

En canto ó resto da expedición, hai que destacar o bo papel de todos os participantes, entrando todos en control coa única excepción de Laura Antelo, que tivo un enganchón no rulo que marcaba o inicio da parte final do percorrido, onde perdeu as súas opcións de meterse nas rondas finais. Aarón Nuñez no K1 Senior e Javier Trigo, no K1 cadete superaron o primeiro corte, pero non foron quenes de entrar nas finais, sempre moi caras, e Marco Oreiro aínda entrando na final no C1 xuvenil, non foi moi feliz a causa das penalizacións retrocendendo postos que podería ter alcanzado.

Finalmente Kiara Martinez que acudiu de abridora fixo unha competición de menos a máis, acabando cunha manga que tería entrado en control na categoría cadete olgadamente.

Vindeira cita

Esta fin de semana o clube volve a viaxar a Mondariz, pero esta vez para disputar unha proba da Copa Galega de Slalom.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios