Licitan as obras de ampliación da DP-3402 de Bustelo a Caberta
11:31 23/04/21
Ademais das obras da estrada en Brens e Hospital, outra das principais vías de conexión intermunicipal dumbriesa sufrirá unha completa remodelación. A Deputación da Coruña vén de licitar a ampliación e acondicionamento da estrada provincial DP-3402 de Bustelo a Caberta por Salgueiros. O orzamento é de 377.000€ e o prazo para presentar ofertas remata o 11 de maio.
Os traballos realizaranse nun tramo de preto de 1 quilómetro e permitirán ampliar a plataforma da estrada, que contará con carrís de 3 metros e construír nova beirarrúas Á súa vez, executarase unha rede de recollida de pluviais.
As tarefas estarán rematadas nun prazo estimado de 7 meses.