A máxica experiencia das Rutas Guiadas polo Monte Pindo

Cada xoves e cada sábado dos meses de xullo, agosto e setembro, o Concello de Dumbría ofrece unha aventura incrible: Rutas Guiadas polo Monte Pindo. Unhas rutas que contan ademais cunha guía de media-baixa montaña especializada, Laura, pero tamén cunha lenda viva do Olimpo Celta, Pepe do Fieiro, a persoa que mellor coñece cada recanto do Pedregal, e que aos seus 92 anos aínda chouta polas medras mellor que ninguén.
A ruta desenvolta é a chamada PEGADAS DA HISTORIA, dende O Fieiro (Mazaricos) ata A Moa. A recepción é fantástica entre os que xa a realizaron, pois é asequible para case todas as idades e permite coñecer moita parte da historia do noso máxico monte.
Xa hai xentes apuntadas para as rutas do mes de agosto e todo. Certo que hai algunha vez que a meteoroloxía obriga a suspendela (aínda están pendetes de ver como chega este sábado, sen ir máis lonxe), por iso sempre agardan á véspera para confirmarlle ás persoas inscritas se hai ruta ou non, para tratar de ter a previsión meteorolóxica o máis aproximada posible, como nos explica Ada González, a técnica de turismo municioal. “Iso si, incluso se houbese néboa a xente disfruta, porque con Pepe é toda unha experiencia que hai que vivir”, asegura e nós o confirmamos. “Pero se hai chuvia, é mellor suspender porque non se disfrutaría e tamén sería perigoso por posibles resbalóns”.
As prazas son limitadas e xa te podes inscribir neste formulario.