Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Monte Pindo, 8 anos esperando a calificación de Xeoparque

Imaxe dunha manifestación de 2012 polo Parque Natural do Monte Pindo
Imaxe dunha manifestación de 2012 polo Parque Natural do Monte Pindo
O Monte Pindo, 8 anos esperando a calificación de Xeoparque

O Cabo Ortegal é, dende hoxe, o segundo espazo de Galicia (xunto coas Montañas do Courel) e o dezaseisavo do estado español, recoñecido pola UNESCO como Geoparque. Así o recolle xa o mapa oficial de Geoparques, despois de que todas as administracións competentes (concellos afectados, Deputación e Xunta) unisen forzas para conseguir esta calificación.

Un fito que non consegue o Monte Pindo. Máis dunha década de loita leva a sociedade da zona pola consecución do Parque Natural, e foi hai 8 anos, no ano 2015, cando o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, que este pasado sábado participaba no Simposium, aproveitaba o seu discurso no acto de toma de posesión coma membro da Real Academia Galega das Ciencias para anunciar a candidatura do Monte Pindo para optar a esta figura da UNESCO.

Faltou unidade na comarca e no país. O propio pobo do Pindo separouse, en parte debido a unha politización excesiva nos primeiros anos de vida da entidade promotora e sobre todo pola falta de compromiso das autoridades políticas locais, comarcais e autonómicas, que nunca quixeron afrontar un reto tan importante.

Así, o proxecto segue nun caixón, como lamenta a Asociación Monte Pindo Parque Natural que lembra hoxe a hemeroteca, a pesar de predicións como as de Romaní ou da xeógrafa natural do Pindo Manuela Costa Casais, quen aseguraba na prensa que no Pindo «danse tódolos elementos para conseguir a figura de xeoparque»; ou mesmo as palabras dunha responsable da Xunta, Ana Mª Díaz López, directora xeral de Conservación da Natureza, quen non se amosaba contraria a esta figura nin tampouco á declaración do Parque Natural.

Comentarios