Miren Lazkano: “Viñen ao campo de Slalon de Dumbría para a preparame para os Xogos Olímpicos”
- Carles Joanmartí: “En Dumbría poderíanse Competicións Internacionais se as institucións o apoiasen”

Queda camiño para o desafío que ten o Concello de Dumbría de convertir o Campo de Slalom do Couquiño nunha Canle Olímpica. Pero o Concello vai dando pasos, como a Copa de España Absoluta celebrada esta pasada fin de semana.
Unha das grandes atraccións da competición foi a participación de Miren Lazkano, unha padexeira donostiarra que está preparando a súa participación nos Xogos Olímpicos de París. “Viñen a Dumbría para preparar os Xogos Olímpicos, que chegan en apenas 15 días, e era a competición que tiña máis asequible para facer, e o tomei como un entreno”.
Miren considera que o Campo do Couquiño “é adecuado para acoller unha Copa de España”, e o considera “bo par adestrar uns cantos días”. Pero tamén entende que “aínda lle queda moito para consideralo unha canle olímpica”, e para iso considera que “habería que facer algúns cambios e adaptalo máis como para ser unha canle de augas bravas”.
Tamén o entenden así dende Dumbría, que esperan que a Federación apoien definitivamente a aposta municipal. “Que Miren diga que o campo pode albergar unha Copa de España Absoluta xa é brutal. Iso é o que queremos, por agora, que xentes como Miren digan “vou ir entrenar un mes, ou 15 días a Galicia”, en relación a que o Couquiño podería “a única canle de Europa que funcionaría de outubro a maio”. O club é consciente ademais de que para chegar a Canle Olímpica haberá que “dotalo de servizos: un trazado con máis variedade técnica, un edificio cuns vestiarios, ximnasio, etc…”

Carles Joanmartí: “En Dumbría poderíanse Competicións Internacionais se as institucións o apoiasen”
Tamén falou sobre o Couquiño o técnico da Federación Carles Joanmartí. “Como técnicos da federación viñemos facer un seguimento dos padexeiros que viñan aquí a competir e que disputaban prazas na Eurocopa; e da competición para que tivese a calidade necesaria e que se asemellase o máis posible ao nivel que necesitamos para que estes deportistas demostren o seu nivel en probas internacionais, e tamén como apoio da federación para a organización da proba, colaborando no trazado dos percorridos”.
Sobre a potencialidade do Campo de Slalom de Dumbría, o técnico da Federación Española se mostróu tallante: “O potencial da pista de Dumbría existe, e hoxe quedou demostrado coa competición que fixemos, pero hai que seguir mellorando e sacarlle máis proveito. Son pistas onde se poderían celebrar competicións internacionais se tivesen mellores condicións. Aí é onde as institucións teñen que entrar e investir neste deporte, que está demostrado como un dos deportes que máis medallas olímpicas trae; e iso comeza aquí”.