Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría

Casa da Cancela no Conco -Dumbria-Foto-MOdesto Garcia Quintans
Casa da Cancela no Conco -Foto-Modesto Garcia Quintans
O Modesto Patrimonio: As antigas cancelas e e corredoiras de Dumbría

Antes da Concentración Parcelaria as aldeas do Concello de Dumbría comunicábanse por camiños de carro, corredoiras e os sendeiros ou camiños de a pé. Estaban ben conservados porque os veciños de cada aldea eran os encargados de coidalos. Moitos deles eran coñecidos como “Camiños Sacramentais, por onde ía o cura da parroquia a administrar os Sacramentos aos enfermos e tamén era a ruta dos mortos cara ó cemiterio.

Levábanse en procesión acompañados da familia, amigos e veciños, xunto co cura,  unha cruz da igrexa, o caldeiro da auga bendita, unha campaíña e un farol como vela. Camiñábase rezando oracións  e facendo paradas nos  puntos destacados como as pontellas e cruces de camiños para rezar uns responsos. O morto tiña que saír da casa sempre pola porta principal, sen atallos. Estes  camiños públicos estaban atrancados con cancelas case sempre na entrada ou a saída dos lugares para interrumpir o paso do gando cara ás agras.

Eran de madeira, principalmente de carballo, cun eixe vertical lixeiramente inclinado cara ó lado prohibido para que cerrara co seu propio peso. A maioría tiñan como bisagra unha lousa furada espetada na parede. Nas fincas privadas eran portelas que se cerraban con pedras miudas. Os camiños de a pé eran atallos polas agras, interrumpidos polos muros de pedra con “pasadoiros”, que eran uns escalóns con lousas espetadas no muro. Na actualidade, moitas destas servidumes desapareceron coas pistas da  Concentración Parcelaria e as que se libraron están cubertos de silvas e xa ninquén se acorda delas. 

Aquelas cancelas das aldeas forman parte do noso  patrimonio. De aquí naceo o apelido “cancela” e moitos topónimos, como “a casa da cancela” . Para recuperalas, polo menos a maioría delas, antes de que fora demasiado tarde, e pensando que algún día sean publicadas nun libro,  sobre o ano 2015 decidín pola miña conta,  recorrer as  aldeas do concello, falando cos vecinos de idade avanzada para que me axudaran a localizalas, facendo un inventario xeorreferenciado coa súa  situación en coordenadas UTM. Aproveito aquí para darlles as grazas pola súa colaboración.

O resultado deste traballo podémolo resumir así:

  • Parroquia de Berdeogas, con 11 cancelas;
  • Parroquia de Buxantes, con 16;
  • Parroquia de Dumbría, con 14;
  • Parroquia do Ézaro, con 16;
  • Parroquia de Olveira, con 6;
  • Parroquia de Olveiroa, con 2;
  • Parroquia de Salgueiros, con 7.

Todas elas xa desaparecidas.

O Modesto Patrimonio

 

Patrimonio Pindexo

Comentarios