3ª FUTGAL: O Laxe alonxa ao Cee do ascenso directo e apreta a loita pola promoción
Non desaproveitou o descanso do Coristanco o Oza para superalo na táboa, e ademais abrir unha fenda importante co resto de equipos, afianándose ambos como favoritos claros para o ascenso directo.
10 e 8 puntos sacan carballeses e coristanqueses xa ao 3º, un Cee que sufríu o gran estado de forma do Laxe de Manu Saleta. Os laxenses, coa súa 5ª vitoria seguida en liga, apretan a loita pola promoción, e se colocan a 3 de Pereiriña (que salvou o choque co filial muxián) e Cerqueda (que está no peor momento da temporada), e a 5 dun Seaia que venceu ao Nantón nun vistoso partido. Tamén está aí o Buño, tras vencer ao Lira, e o Baíñas ao superar ao Volantes.
Laxe - Cee (1-0)
- Laxe: Jacobo, Dani Reigía, Pabl oBarreiro, Izan, Aarón, Bieito, Leo, Adrián Cundíns, Djamel, Santi Casás, Eloy. Tamén: Darío Mira, David Gándara, Elías, Pedro e Martín.
- Cee; Jorge, César, Alex, Munitis, Fontaíña, Jonathan, Anxo, Jose, Keko, Pablo e Regueiro. Tamén: Manu, Diouck, Marco, Oreiro e Roberto.
- Gol: 1-0, m.52: Elías.
Competidísimo partido no Rogelio Martínez, con dous equipos á alza, que protagonizaron unha primeira metade moi igualada e repartida. Nada máis comezar a segunda, un gol Elías que definiu tras un bo pase filtrado abría o marcador. Eran bos minutos dos de Manu Saleta, pero os de Rafa foron subindo liñas, apretando e os últimos 15 minutos foron de asedio total do Cee. Con todo, os locais, coa frecha para arriba dende o último partido do 2025, conseguiu aguantar e sumar a súa 6ª vitoria seguida (5 en Liga e outra en Copa ante o Baio, que lle permiten pasar da 13ª praza á 7ª, a só 3 puntos da promoción).
Baíñas - Volantes (3-2)

- Baíñas: Fabián, Samu, Drío, Rodri, Manu, Estiven, Esteban, Fandi, Chavico, Carlos e Ruli. Tamén: Fabichas, Ibra, Leo, Crisca e Edu.

- Volantes: Xandre, Alexis, Senández,Manu, Miguel, Marcos, Javi, Hugo, Alex Louro, Rulo, Jonathan. Tamén: Saúl, Edu, Joseja, Oscar e Adri.
- Goles: 1-0, m.27: Ruli; 2-0, m.35: Manu; 3-0, m.39: Esteban; 3-1, m.47: Edu; 3-2, m.85: Senández.
Disputouse na tarde do domingo, no campo do Irmandiño, un encontro no que ambos equipos precisaban a vitoria para achegarse aos postos de playoff. O Volantes comezaba tranquilo, aguantando ben e tendo algunha combinación, pero o Baíñas, que saía moi forte conseguía adiantarse antes da media hora cun gol de Ruli desde o punto de penalti. Eran os mellores minutos dos locais, que ampliaban o marcador co 2-0, obra de Manu, case ao fío do descanso, amosando a gran efectividade dos baiñeses, Esteban ampliaba a vantaxe facendo o 3-0.
Na segunda parte o Volantes CF deu un paso adiante e contou con máis chegada á área rival. Nada máis comezar recurtou distancias por medio de Edu, e seguiu insistindo ata que, no minuto 39, nun saque de esquina, marcou Senández o 3-2 cun remate de cabeza, deixando un final de encontro de infarto. O CD Baíñas baixou o seu rendemento na segunda metade e o Volantes foi mellor, buscando o empate ata o último minuto, pero o empate non dou chegado.
Camelle - Cerqueda (6-2)
- Camelle: Ángel; Maikel, Hucho, Ruso, Chans; Lucas D. (Moha), Mario (Fabián), Josiño, Lucas P, Miguel (Tereso) e Dido.
- Cerqueda: Anxo Corral, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Gus, Hugo Fraga, Schuster, Mario, Íker, Eloy e Brais Costa. Tamén: Aitor, Palermo, Diego e Sergio.
- Goles: 1-0 m.22: Miguel; 1-1, m.29: Gus; 2-1, m.38: Miguel; 3-1, m.43: Hucho; 4-1, m.51: Miguel; 5-1, m.70: Chans; 5-2, m.78: Palermo; 6-2, m.92: Fabián.
Gran vitoria do Camella ante un Cerqueda que suma 4 partidos sen gañar, pero se mantén na zona de promoción. Partido moi disputado por ambas partes nos primeiros 15-20 min con ocasions claras para ambos equipos, pero os q acertariamos primeiro seriamos nos cun gol de Miguel, q colle un pase no segundo pao e regatea a un par de rivais e marca, empatarian eles o pouco donde o oponente colle un balon morto q os nosos defensas non chegan a despexa e no man a man poñeria o empate, o 2-1 chegaria nun rexeite do porteiro e o 3-1 antes do descanso nun remate de corner obra de Hucho. Empezaria a segunda parte con ocasions claras pos dous lados, pero qen acertariamos seriamos nos outra ves, tras outro rechace do porteiro, Miguel poñeria o seu hat-trik particular, o 5-1 seria tras outro rechace do porteiro tras un tiro desde o medio do campo, q se envenena e Chans remacharia a gol, o 5-2 canbiariamos os papeles, seria o noso porteiro qn non acerta a atrapala e o rechace qedalle o adversario poñendo o 5-2, e o definitivo 6-2 seria obra de Fabian tras un tiro dende fora da area.
Seaia - Nantón (3-1)

- Seaia: Anxo, David, Marcos, Borja, Rafa Souto, Edu Souto, Erik, Antón Todosantos, Martín Costa e Juni. Tamén: Piña, Brais, Diego, Noel e Nico.

- Nantón: Álvaro, Borja, Adri Abelenda, Fran Torres, David Fariña, Xoel, Carlos Vidal, Kevin, Aarón, Jorge e Iago Torres. Tamén: Jose, Dany Añón, Juan e Dani Castro.
- Goles: 1-0 m.5: Erik colle un rexeite e marca dende lonxe por riba do porteiro; 1-1, m.25: Iago Torres dende o medio campo por arriba do porteiro; 2-1, m.52: Juni; 3-1, m.65: Juni.
Partido atractivo na Pedra Queimada entre Sporting Seaia e Nantón que comezaba cunha primeira parte con alternativas para os dous equipos tanto no marcador como no xogo, na que se adiantaban os da casa por medio de Erik cun disparo dende fora da área. Seguiron apretando os locais con algunha chegada, pero chegaría o empate dos visitantes por medio de Iago Torres cun disparo dende 30 metros que sorprendeu ao porteiro local Álvaro.
Na segunda parte fixeron mella as dinámicas que ambos equipos levan, e o Seaia, en liña ascendente, saíu mellor e fouse facendo co partido, combinando ben, abrindo as bandas e chegando con perigo. Apareceu ademais a figura de Juni, que xa viña de marcar 4 a semana pasada no derbi ante o Cerqueda, e onte facía un doblete en 13 min para poñer en vantaxe ao Seaia.
Poideron marcar máis os locais en algunha boa chegada por banda, pero o partido rematou co 3-1 e os 3 puntos para os da casa, que conseguen a súa 3ª victoria consecutiva e acadan a 4 plaza da clasificación.
Buño - Lira (2-0)

- Buño: Cristian, Alan, Leilo, Tojo, Andrés, Jorge Calvete, Alexis, Fragiña, Hugo, Sergio e Aguiar. Tamén: Lamas, Roberto Carlos, Cristian, Dani e Izan.
- Lira: Raúl, Alexandre, Xurxo, Carlos, Ramón, Freire, Iago, Alberto, Miguel, Cibrán e Iván París. Tamén: Christian, Cristian Formoso, Xabi Beiro, Hugo e Gael.
- Goles: 1-0, m.4: Hugo; 2-0, m.45: Aguiar.
O Buño de novo empezou moi forte e no min 4 poñeriase por diate por medio de Hugo, e podería aumentar a ventaxa con varias ocasións claras que salva Raúl. Foron espertando os de Óscar Leis, e empezaron a mandar con balón a un Buño demasiado precipitado. Reclamou o Lira un penalti sobre Cibrán tras un centro lateral, e tamén puido marcar o empate nun remate de Ramón no segundo pau que sae fóra por pouco. Na última xogada da primeira parte nunha contra e tras varios rexeites, Aguiar faría o segundo.
A segunda metade foi máis bronca e trabada, con moitas faltas, moitas interrupcións, tarxetas… tendoo colexiado que descontar 10 minutos. O Lira intentouno sen inquietar demasiado a portería local.
Oza - Inter de Brens (7-0)
- Oza: Benja, Brais Bolón, Marcos, Miguel, David, Fetnando, Iker, Hugo Fraga, Salah e Saad. Tamén: Samuel, Iago, Pablo, Jorge e Mamadou.
- Inter: Costa, Diego, Javichu, Christian, Evaristo, Mamadou, Jose Angel, Santi Agulleiro, Marcos, Jose e Rubén, Tamén: Torices, Fabián, Ema e Ricardo.
- Goles: 1-0, m.20: Salah; 2-0, m.35: Salah; 3-0, m.36: Eloy; 4-0, m.43: Eloy; 5-0, m.48: Mamadou; 6-0, m.75: Saad; 7-0, m.76: Salah de penalti.
A pesar das baixas, o Oza, que tivo 3 xuvenís (debutou Jorge este ano e Mamadou volveu marcar) na convocatoria, o Oza salvou o choque. E iso que comezou moi mal, ante un Inter que estaba inquedando. Pero Salah abriu a lata e aí se rompeu algo máis o choque (acabou con triplete o dianteiro carballés que suma 18 polos 20 de Pablo Pose). Na segunda pouco tivo que contar, se ben a peor nova do partido foi a lesión de Eloy, cunha probable rotura de fibras.
Pereiriña - Muxía B (2-0)
- Pereiriña: Maikel, Oca, Cartamil, Esteban, Bicho, Pablo, Brais Lagoa, Gabri, Maelo, Abel e Víctor Agulleiro. Tamén: Xabi, Trillo, Oli.
- Muxía B: Miguel, Damián, Prieto, Kevin, Iván Sambad, Javi Vilela, Julián Busto, Miguel Papin, Adrián Furelos, Adrián Baammil, Eloy. Tamén: Aitor, Isma e Ziro.
- Goles: 1-0, m.57: Diego Oca nun córner botado por Víctor; 2-0, m.70: Víctor Agulleiro.
Comezaba o partido moi igualado, cun cadro muxián que gusta de ter o balón, combinando ben e chegando á área local e tendo ocasións claras de gol. Pero como sempre lle pasa aos de Congui, a falta de acerto cara gol estalles perxudicando.
Saíron mellor na segunda os de Julito, que co paso dos minutos foron facéndose amos do partido, ante un cadro muxián con poucos recambios. Ao cuarto de hora marcaría Diego Oca nun córner. Pouco despois quedarían os ceenses con 10 pola expulsión de Esteban. O fillial subía liñas, pero sen claridade arriba, e nunha boa contra o corcubionés Víctor Agulleiro marca tras 30 metros de carreira. Aínda quedaba con 9 o equipo ceense pola expulsión de Trillo, e o choque morría co filial metendo balóns colgados pero sen acertar cara gol.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.15: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta.
- X.14 O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco.
- X.13: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino.
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com