Martes. 16.04.2024
El tiempo

Nova Xornada de apiturismo polo Ézaro e Carnota

cartaz xornada Carnota_Ezaro_2023
Nova Xornada de apiturismo polo Ézaro e Carnota

O vindeiro domingo 18 de xuño o colectivo Máisquemel organiza unha nova xornada de apiturismo para coñecer o patrimonio tradicional apícola da Costa da Morte e o tipo de apicultura que se practica nesta comarca.

A xornada incluirá a visita ós colmeares da Asociación Río Vadebois, situados en Caldebarcos (Carnota), con xantar de campo e pola tarde, Ruta dos Muiños de Louredo en O Ézaro, para descubrir un conxunto etnográfico moi singular, formado por un muiño e unha alvariza con lacenas das abellas.

O custe de inscrición será de 10 € para membros do Club Máisquemel e 15 € para o resto. Podedes anotarvos ata o día 15 de xuño, escribindo un email a [email protected]. As persoas inscritas recibirán un email co información dos horarios e punto de encontro.

Máis info:

Comentarios