Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Dumbría acodirá á final da Copa da Costa pero explica a súa contrariedade

O Dumbría acodirá á final da Copa da Costa pero explica a súa contrariedade
escudo CF Dumbria

Finalmente este domingo 29 de xuño teremos Final da Copa da Costa. O Dumbría decidiu finalmente acodir a pesar de disputarse en Fontenla, pero quere explicar tanto a súa decisión como a súa oposición á celebración da final no campo dun dos finalistas.

COMUNICADO DE PRENSA DO CLUB DE FÚTBOL DUMBRÍA

En relación coa celebración da LI Edición da Copa da Costa 2013/2014, á que este club chegou finalista, a Xunta Directiva do C.F. Dumbría quere deixar constancia das seguintes manifestacións:

1º.- A forma de disputar a final a partido único cambiouse na pasada tempada 2012/2013 por acordo dos clubs no sorteo realizado na localidade de Baio o día 14 de marzo de 2013. Este acordo recolleuse nas circulares que a FGF envía aos clubes tralos sorteos realizados: “La FINAL se disputará a partido único, en campo a proponer entre los equipos finalistas. Caso de no haber acuerdo entre ellos, la FGF designará terreno de juego”.

2º.- Sen embargo, nesta edición, a Federación convoca aos catro clubs reunión entre os mesmos para a elección de campo para a elección de campo para desputar a final. Deste intercambio resultaron saír dúas propostas de campo: o U.C. Cee e o C.F. Dumbría decantámonos por un campo neutral, o Municipal Pratas Reinoso de Baio, namentras que Xallas de Santa Comba e Castriz postularon o Municipal de Fontenla (Sta. Comba) como campo para a final. Producido o empate entre as opcións, a forma de resolver o asunto foi o lanzamento dunha moeda ao aire, con sorte para o Municipal de Fontenla.

3º.- Parécenos asombroso que algún dos clubes finalistas, coa connivencia da FGF, se postule para xogar na súa localidade a Final da Copa da Costa, a partido único, rompendo o acordo inicial da maioría dos clubes participantes na Copa da Costa. O Dumbría, ante esta de esta decisión puxo en coñecemento da Federación Galega de Fútbol a situación á que se podía chegar, sen que por parte do ente federativo se fixese absolutamente nada para impedir isto. A Federación Galega de Fútbol tuvo o suficiente tempo para emendar e non foi quen de facer nada antes da final.

4º.- Criticamos igualmente a actitude e falla de sensatez do club Xallas de Santa Comba, tanto por postular o seu propio terreo de xogo, como por non querer marcha atrás nin ningunha das propostas que formulou durante esta semana o C.F. Dumbría públicamente tamén a indefensión á que nos somete a Federación por non cumplir os acordos dos clubes e as súas propias circulares. Non é agora momento, pero desde o Dumbría pediremos algún tipo de responsabilidade.

Por último, queremos comunicar que na tarde de onte adoptouse desputar a Final da LI Edición da Copa da Costa que terá lugar en Santa Comba o domingo 29 de xuño, ás 18:00 horas. Non queremos ser artífices de deixar a todo o fútbol da costa sen Final de Copa por primeira vez na historia, á vez que entendemos como club que é acontecemento único para a nosa plantilla chegar unha vez máis a unha final, polo que non queremos privar aos xogadores dun acontecemento histórico a nivel persoal como futbolistas afeccionados. Aínda que a raíz da inoperancia federativa o lóxico sería non ir, pedimoslle aos nosos socios e afección que entenda esta última postura e que vaian apoiar ao seu club.

Nós temos clarísimo que aquí se moveron outro tipo de intereses … cales?

  • Directiva do Dumbría CF.

Fonte

Fonte

  • Nota do Dumbría CF.

Comentarios