Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia

O Dumbría CF tamén forma, en clave psicolóxica, en familia
Comezaron as charlas do CF DUmbria

O Dumbría CF comezou onte un ciclo de charlas de orientación destinadas os xogadores e familias das distintas categorías do clube. A primeira das charlas estivo adicada aos nenos das categorías Alevín e Infantil.

E foron máia de medio cento de pais e nais dos xogadores os que asistiron a primeira das charlas que ten programadas o club dumbriés para o seu fútbol base. A psicóloga Begoña Rial, do Centro Aquelar, con experiencia en clubes como o Lobelle de Santiago, achegou as familias dos futbolistas diversos aspectos nos que poden incidir para axudar ós novos futbolistas.

Desde a diferenciación entre fútbol formativo e de competición, pasando polos aspectos que a práctica deportiva vai a axudar ós nenos noutras facetas; como as familias e os nenos deportistas van a poder adquirir capacidades psicolóxicas para relacionalas co aprendizaxe noutros ámbitos; achegarlles ós pais unhas pautas para o adestramento mental e establecer unha relacion armoniosa entre pais, nenos futbolistas e deportistas.

Desde o clube considerase que tódalas facetas que poidan mellorar a formación dos seus nenos futbolistas van a incidir positivamente na súa formación integral como persoas.
A xornada tivo unha gran acollida entre os pais, e na parte final da mesma, os nenos, despois do seu adestramento, tamén tiveron participación.
Nesa parte final, fíxose incidencia nos compromisos de conduta positiva, tanto das familias, como dos adestradores e os xogadores, nas relacións entre eles e cos árbitros e adversarios.

A seguinte das charlas, será o vindeiro martes, tamén no Conco, para as categorías cadete e xuvenil.

Fonte

  • CF DUmbría.

Comentarios