martes. 06.05.2025
El tiempo

O Ézaro xa ten o seu viño de D.O.

O Ézaro xa ten o seu viño de D.O.
O Ezaro xa ten o seu vino propio DO Ribeiro

Quen nolo ía dicir? Un Ribeiro Denominación de Orixe, e de nome Ézaro. Non é que a Costa da Morte se dera á viticultura este verán, é que varios emprendedores de Dumbría veñen de armar unha proposta para vender viño co nome da casa. Outro xeito de seguir convertindo a “marca Ézaro” nunha referencia.

Falamos de tres mozos do Ézaro con gañas de aproveitar o tirón da Fervenza do Ézaro en verán, que montar 3 chiringuitos e unha pulpeira entre a fervenza e a praia. Querían vender viño de barril e aí apareceu a iluminación. “Por que non un viño do Ézaro?”

Ao final conseguiron que a Bodega Pazo do Mar se ofreza a embotellar e etiquetar unha serie coa marca “Ézaro”, e en 15-20 xa deberían estar na rúa. A fermosa etiqueta, xa vedes que é obra de Marcos Rodríguez, que convirte o viño ademais dun tesouro para a comida, unha opción máis que válida como regalo.
De feito, ademais de nos 4 establecimentos estivais que teremos abertos, probablemente o venres 6 de xuño, víspera do Desafío do Atlántico, tamén se venderá online a través do blog Costa da Morte Galicia.

Ogallá teñan que acabar pedindo un camión de botellas do Ézaro!!

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios