![Inauguracion do Obradoiro de Emprego de Santa Comba]()
Inauguracion do Obradoiro de Emprego de Santa Comba
Arrincou hoxe en Santa Comba o obradoiro de emprego “Conecta 2018”,
un dos 3 obradoiros nos que participará Santa Comba, neste caso en colaboración cos concellos de Dumbría e Mazaricos. Un Obradoiro de carácter dual e orientado ao montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e á limpeza de superficies e mobiliario en edificios
locais.
Asistíu á cita o delegado da Xunta Ovidio Rodeiro que destacou que “estes obradoiros forman para dun dos programas, xunto co Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), da Consellería de Economía, Emprego e Industria con máis demanda porque a formación que se imparte vai acorde coasb necesidades das empresas implantadas nos concellos nos que se realizan”. Neste senso, puntualizou “que o grado do integración laboral nos primeiros meses ronda o 60% polo que é
moi interesante participar nos mesmos”. O delegado territorial animou a todos os asistentes “a traballar duro para aproveitar ao máximo esta oportunidade”.
A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e terán despois a posibilidade de contar cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/inaugurado-o-novo-obradoiro-de-emprego-forestal-en-santa-comba/
https://quepasanacosta.gal/santa-comba-participara-en-3-obradoiros-de-emprego-e-carballo-noutro/