O Modesto Patrimonio: O Cruceiro de Calo
08:53 14/04/18
Cruceiro de Calo-Muxia-Foto-Modesto
Si viaxamos do lugar de Trasufre (Muxía) a Senande pola pista da Capela da Santiña, o primeiro que atopamos é o lugar de Calo. Chámanos a atención que no bordo dereito do camiño e xusto á entrada do lugar existe un cruceiro coñecido como O Cruceiro de Calo.
Segundo me dixo unha veciña de avanzada idade, foi construído por unha familia rica do lugar coñecida como Casa dos Lemas, que xa non existe. Contoume que Domingo Graíño, de profesión canteiro, natural de Ameixenda, casouse con María Lema, deste lugar, a comezos do s. XX. Suponse que por motivos relixiosos construíu este cruceiro ao bordo do camiño de entrada ao lugar.
Casa da familia Lema de Calo-Foto-Modesto
Este sufriu dous accidentes: o primeiro foi por un temporal que o derribou, aínda que algúns o achacan á maquinaria das obras das pistas da concentración parcelaria. Reparouno un marmolista de Vimianzo, encolando as pezas rotas.
O segundo accidente foi motivado polo guindastre dun camión de madeira a comezos do ano 2000. O detrozo, valorando os danos en 1,5 millóns de pesetas e o seguro non se quixo facer cargo da reparación. Logo de varias intentos polos alcaldes do municipio levárono a reparalo a un taller de pedra en Pontevedra. Esperemos que dure moitos anos neste lugar.
Pódese localizar nas coordenadas UTM(29ED50): X = 488746; E = 4764669.
Novas relacionadas
- O Cruceiro do Sicho dos Outeiros.
- O Cruceiro do Ciroláns de Suevos.
- O calendario 2011 do Semescom, sobre os cruceiros.
O Modesto Patrimonio
- O bichoco da pataca.
- O Modesto Patrimonio: As Xunqueiras de Cee na ría de Corcubión.
- O sarcófago da Igrexa parroquial de Buxantes.
- A Cabana das Chozas, outra Caverna dos refuxiados no Pindo.
- A Furna do Río da Barco.
- Fonte Mateo e A Cova dos Morcegos no Monte do Pindo.
- A Cova da Pendente do Monte Pindo.
- O Castro de Alvarellos de Berdeogas.
- Lugas de Castrelo, Colúns.
- A Capela de San Marcos do Logos.
- Os muíños do Rego de Quenxe.
- Por que lle chaman as Caldeiras do Castro?:
- Semellanza dos nosos muíños fariñeiros cos canarios.
- Os muíños da nosa comarca.
- Recordando o día máis angustioso de Xesús.
- As varas: As antigas unidades de medida.
- Recordando algo da historia da parroquia de Berdeogas.
- A hidrocentral “Electra del Jallas”.
- O 50 aniversario do Encoro da Fervenza.
- A igrexa parroquial de Dumbría.
- Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- O piñeiro-marco entre Cee e Corcubión.
- A escola de Dumbría.
- O Modesto Patrimonio: Reparación do piso e do teito da Igrexa de Buxantes.
- O Dolmen da Pedra da Arca.
- A Cabana da palla do millo.
- Apañar o mato en primavera.
- A Ponte de Canelas en Dumbría.
- O arado de madeira ou tamén chamado romano.
- O Cruceiro pantasma do Monte de Olveira.
- Memoria Histórica de Buxantes – Muíño da Fonte Santa.
- O Castro de Castromiñán.
- O lugar de Quenxe.
- A Igrexa Parroquial de Buxantes.
- A Igrexa Parroquial da Ameixenda.
- O Bico do Santo en Carnota.
- Os muíños do Monte do Pindo, por Modesto García Quintáns.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).