Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Olimpia une ao atletismo costeiro nos Provinciais

O Olimpia une ao atletismo costeiro nos Provinciais
Imaxes do Olimpia no Provincial de Atletismo

Menuda participación a da Costa da Morte no Campionato Provincial de Atletismo en Pista, que tivo lugar na Universidade de Coruña. Alí estivo o Club Olimpia de Cee, ademais dos Colexios Manuela Rial Mouzo de Cee e CEIP Santa Eulalia de Dumbría, facendo unha boa piña e colaborando entre si.

I é que ademais, aos bos resultados deportivos hai que engadirlle o fantástico clima vivido entre os atletas durante todo o transcurso desta longa xornada, convertendo o deporte nun instrumento para as relacións sociais e a transmisión de valores educativos.

Un ceense e un dumbriés poñendo o listón moi alto

Por parte da escola de Atletismo Olimpia, foron 13 os atletas destacando a actuación dos infantís Elian Numa López, do colexio Manuela Rial Mouzo que acadou a vitoria nos 1000 obstáculos cun tempo de 3'23'' (mellor marca galega da temporada) e foi 2º na proba de lanzamento de Disco cun lanzamento de 22 m. Ademais, Francisco Javier Rodríguez do CEIP Santa Eulalia de Dumbría tamén foi dos destacados finalizando 3º nos 3000 ml cun tempo de 11'20''.

Non menos importantes foron as actuacións do resto de atletas da escola:

  • Os benxamíns Carlos Pais 5º nos 500 ml cun tempo de 1'48'' e 10º nos 50 ml con 9'21'', Samuel Canosa 11º nos 50 ml con 9'32'', Aalyah Louro 8ª nos 500 ml con 1'56'' e Minerva Antía Lago 7ª no 1000 ml con 4'29''.
  • Os alevíns Xan Insua 5º no 1000 ml con 3'35'', Marta Souto 6ª nos 2000 ml con 8'50'', Aberu Rios 4ª no triathlon con 470 puntos, Lucía Suárez 9ª no triathlon con 402 puntos e Ana Oca 12ª no triathlon con 293 puntos.
  • E as infantís: Erica Domínguez 11º nos 80 ml con 12'67'' e Elena Carreira 9ª en lanzamento de disco con 12,57 m.
Podios do CEIP Santa Eulalia no Provincial

Facendo reconto, os atletas do CEIP Santa Eulalia de Dumbría acadaron dous bronces, acadados por Francisco Javier Rodríguez Castro e Anaraida Pérez Caamaño que se clasifican de forma directa para o Campionato Galego que se vai a celebrar o 25 de maio en Lugo. Ademais, Elena Carreira Santabaya quedou 8ª no lanzamento de disco; Diana Ramos Lema, 9º no lanzamento de peso; e Érica Domínguez Pais, 9º nos 80 metros lisos.

Pola súa banda, o Colexio Manuela Rial Mouzo trouxo de volta a Cee 12 medallas, un gran resultado se contams que chegaba con 22 atletas. Entre as 12, 4 de ouro:

  • Yamila Lago: Campioa Provincial de lanzamento de peso e subcampeona en lanzamento de pelota benxamín.
  • Elian López: Campión Provincial en 1000 m. obstáculos e subcampeón en lanzamento de disco infantil.
  • Álex Sánchez: Campión Provincial de lanzamento de peso benxamín.
  • Daniel González: Campión Provincial de Triatlon alevín.
  • Alejandro Sendón: Subcampeón Provincial de Trialtlon alevín.
  • Irene López: Subcampeona Provincial de lanzamento de disco infantil.
  • Enrique Morera: Subcampeón Provincial de 2 km. marcha alevín.
  • Martín Hernández: Bronce no lanzamento de peso benjamín.
  • María Allo: Bronce no lanzamento de martillo infantil.
  • Saulo Rei: Bronce en Tetratlon infantil.

Como dicimos a próxima cita será o Campionato Galego Infatil que se celebrará o próximo día 25 en Lugo, ao que acudirán os 3 medallistas de cada provincia máis 4 mellores marcas galegas en cada proba.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Olimpia.

Comentarios