Martes. 31.03.2020
El tiempo

Emprenden labores de limpeza no río Berdeogas, en Dumbría

Emprenden labores de limpeza no río Berdeogas, en Dumbría

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza e conservación nos treitos interurbanos do río Berdeoagas, no municipio de Dumbría. Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido pola parroquia de Santiago de Berdeogas.

As tarefas que se están a realizar forman parte dos traballos de mantemento destes tramos, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais. Estes traballos teñen como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

comentarios