Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano

O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano
Un turista pedindo informacion na Oficina de Turismo do Ezaro unha das poucas que funciona-Foto-Maria Lema

Fantástico en termos turísticos foi o ano 2014 no Concello de Dumbría. A oficina do Ézaro rexistrou un aumento de visitantes do 155,44% con respecto ao 2013, unhas cifras que falan por sí soas. Ademais, as novas son moi positivas pois a tendencia é a de seguir medrando.

I é que cando as cousas se fan ben, dan resultados, e Dumbría é un bo exemplo, non coma outros, véxase o caso de Fisterra, que mesmo acaba de perder o selo de Patrimonio Europeo, unha irresponsabilidade municipal que paga todo o sector turístico costeiro.

Evolucion do Turismo no Ezaro 2014

A propia técnica da oficina de información turística do Ézaro, Ada González, unha das profesionais do sector mellor da bisbarra, danos as claves do éxito:

  • A Volta Ciclista España sitounos nos mapas turísticos. O Ézaro xa funciona como un atractivo turístico por sí só.
  • O Camiño de Santiago cara Fisterra e Muxía cada ano ten máis adeptos. Ainda que sone raro, ata O Ézaro tamén chegan peregrinos.
  • Una boa xestión do entorno, sobretodo a nivel de accesos e a nivel visual. Agrada chegar a un sitio tan coidado, iso é o que comentan os visitantes.
  • A Oficina de O Ézaro é unha das dúas únicas oficinas que está aberta en toda a Costa da Morte ao longo de todo o ano. E é a única cun horario tan amplio.
  • Apóstase por atender o turismo todo o ano, tratando de facilitarlle a visita, non soamente en tempada alta, como si sucede na maioría do destino.
Oficina de Turismo do Ezaro aberta todo o ano

"Moito por facer"

Iso si, lembra que “aínda que si que están chegando moitos visitantes á Costa da Morte, e que cada ano vai en aumento, estáse remontando tralo período de crise, aínda queda moito por facer: sinaléctica, profesionalización, atención ao cliente, calidade,…”

Así e todo, a conclusión é positiva: “A Costa da Morte vai por bo camiño”, sinala Ada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios