martes. 06.05.2025
El tiempo

Os nacionalistas levan ao Parlamento as obras no río Xallas e o PP dumbriés pide dimisións

Os nacionalistas levan ao Parlamento as obras no río Xallas e o PP dumbriés pide dimisións
Arriba o impacto das obras do Novo Castrelo na Devesa do Anllares que vemos abaixo hai uns anos Arriba o impacto das obras do Novo Castrelo na Devesa do Anllares que vemos abaixo hai uns anos Xa no pasado mes de agosto, cando o Bloque Nacionalista Galego - BNG - presentou no Parlamento galego unha iniciativa e varias preguntas polas obras que se están a realizar no río Xallas para repontenciar as minicentrais, que están afectando gravemente á Devesa do Anllares. Na iniciativa, baseada na denuncia interposta no seu día pola asociación ecoloxista  Adega, enumeraron unha por unha as especies perxudicadas, algunha delas en perigo de extinción, así como a superficie afectada. Neste sentido, os nacionalistas solicitaron xa naquel momento a paralización das obras e que se atendese ao estudo científico do impacto ambiental das obras avalado por once investigadores das universidades galegas. "A día de hoxe, o goberno de Núñez Feijoo non tivo a ben contestar as preguntas nin definirse ante as iniciativas" aseguran os nacionalistas da Costa da Morte nunha nota de prensa remitida á redacción de QPC. Segundo indican os do BNG, onte o concelleiro do PP de Dumbría declarou que pedirá a dimisión de Ethel Vázquez, que ata esta semana foi a conselleira de Medio Ambiente, e anunciou a súa intensión de levar o caso o xulgado. "Tras este episodio, o BNG volverá a presentar outra inciativa urxente para pedir a paralización das obras e abrir unha investigación sobre o acontecido no río Xallas", aseruran.

O PP dumbriés, alza a voz

Máis sorprendente é escoitar unha voz discrepante dentro do PP. Foi esta mañá o voceiro do PP de Dumbría, Manuel Barcia, o que pedía a dimisión de Ethel Vázquez (Conselleira de Medio Ambiente ata este domingo, que pasou a controlar a carteira de Vivenda deixando as mans de Medio Ambiente en Beatriz Mato, que ata a semana pasada ocupaba Traballo), así como a do presidente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera.

Barcia considera que as obras xa se deberían ter paralizado "xa que afectan a especies protexidas", un feito do que, asegura, tiña constancia a Conselleira. Barcia levará o asunto aos Xulgados de Muros.

Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • BNG Costa da Morte
  • La Voz.
   

Comentarios